Senén Barro
Senén Barro Ameneiro, nado o 21 de novembro de 1962 nas Pontes de García Rodríguez é un físico e profesor universitario galego.
Senén Barro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de novembro de 1962 |
Lugar de nacemento | As Pontes de García Rodríguez |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | físico e profesor universitario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Obtivo a licenciatura e doutoramento en Física pola USC. Na actualidade é catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial dende 1995.
Foi director do Departamento de Electrónica e Computación da USC entre 1993 e 2002. Tamén desempeñou a función de Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, asumindo o cargo o 17 de xuño de 2002 e sendo relevado por Juan Casares Long no ano 2010.
Na actualidade é investigador colaborador e investigador responsabel de numerosos proxectos e contratos de investigación, internacionais na Unión Europea, estatais e nacionais.
Realizou estancias de investigación no Royal Free Hospital, Department of Medical Informatics, en Londres, Universidade de Maryland, Electrical Engineering Department, EUA, Universidade de California, Berkeley, Department of Electrical Engineering and Computer Sciences, EUA, Universidade de Bristol, Department of Engineering Mathematics, Gran Bretaña.
Predecesor: Darío Villanueva |
Reitor da Universidade de Santiago 2002 - 2010 |
Sucesor: Juan Casares Long |
Principais obras Editar
Coautor das seguintes publicacións
- Estudios de Lógica Borrosa y sus Aplicaciones
- Computación Neuronal
- Advances in Fuzzy Logic
- Fuzzy Logic in Medicine
- Fronteras de la computación
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Barro Ameneiro, Senén". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.