Juan Casares Long
Juan José Casares Long, nado na Coruña en 1950, é un químico galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende o 2010 ata 2014.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 (73/74 anos) A Coruña, España |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
2010 – 2014 ← Senén Barro – Juan Viaño → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Traxectoria
editarEn 1972 licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente doutorouse na mesma especialidade na Universidade Autónoma de Barcelona e en enxeñaría química na Universidade de Salford (Manchester, UK).
Durante a primeira metade da década dos oitenta foi profesor na Universidade Rei Fahd de Petróleo e Minerais (KFUPM), en Dhahran (Arabia Saudita), ata que no ano 1984 regresa para impartir docencia na Universidade de Santiago de Compostela.
No ano 1988 obtivo a cátedra de Enxeñería Química na Universidade de Sevilla, e posteriormente na Universidade de Cantabria. En 1993 foi nomeado director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e posteriormente, ao deixar este posto, director do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997). En 2001 deixa ese cargo e dedícase por completo á universidade compostelá.
No ano 2006 presentouse como candidato independente a reitor,[1] pero foi derrotado polo daquela candidato a estender o mandato, Senén Barro quen contaba co apoio das plataformas. En 2010, Casares Long presentouse de novo como candidato á fronte dunha candidatura independente, e venceu tanto na primeira como na segunda volta das eleccións a reitor, neste caso ao candidato Lourenzo Fernández Prieto, acadando o 57% dos votos ponderados.[2]
En 2017, foi nomeado novo membro no comité de dirección do Instituto Wessex de Tecnoloxía do Reino Unido.[3]
Predecesor: Senén Barro |
Reitor da Universidade de Santiago 2010 - 2014 |
Sucesor: Juan Viaño |
Notas
editar- ↑ "Juan Casares opta a rector de la USC con un equipo joven". lavozdegalicia.es. 04-04-2016. Consultado o 03-09-2018.
- ↑ "El catedrático Juan Casares Long, elegido rector de la USC con el 56,91 por ciento de los votos". elcorreogallego.es. 24-05-2010. Arquivado dende o orixinal o 03-09-2018. Consultado o 03-09-2018.
- ↑ "El catedrático Juan Casares Long, nombrado nuevo miembro del comité de dirección del Instituto Wessex de Tecnología". lavanguardia.com. 10-03-2017. Consultado o 02-09-2018.