Universidade de Cantabria

Coordenadas: 43°28′24″N 3°48′04″O / 43.4733, -3.80111

A Universidade de Cantabria (UC), fundada como Universidade de Santander, é unha universidade pública situada na comunidade autónoma de Cantabria (España). Ten quince centros distribuídos en tres campus, un localizado en Santander, outro situado en Torrelavega e un terceiro en Comillas. No curso 2015-2016 contaba con 13 454 alumnos, 1 273 profesores e 1 088 persoas en administración e servizos.[1] O seu orzamento para o ano 2016 ascendía a 105 974 462 €.[2] A Universidade de Cantabria obtivo a cualificación definitiva como Campus de Excelencia Internacional polo Goberno de España en decembro de 2014.[3]

Universidade de Cantabria
UC
Escudo da UC
Datos xerais
LocalizaciónCantabria Cantabria
Datos actuais
ReitorÁngel Pazos Carro
Alumnos13 453 dos que
* 9 389 en pregrao
* 3 324 en posgrao e
* 740 en doutoramento
Datos de contacto
EnderezoAvenida de los Castros s/n., Santander, Cantabria
Páxina webweb.unican.es
Twitter: unican Dialnet: 819031 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Forma parte como membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.

Anualmente a UC publica a súa memoria de actividades.[4]

Historia editar

 
Pavillón de Goberno da Universidade.
 
Hospital Universitario Marqués de Valdecilla, en Santander (Cantabria).

A institución creouse como tal o 18 de agosto de 1972 por decreto do Consello de Ministros co nome de Universidade de Santander. Trece anos despois pasaría a denominarse Universidade de Cantabria.

Con anterioridade a esta data xa existían diversas escolas independentes que posteriormente conformarían ou se irían integrando no que sería a Universidade de Cantabria:

  • En 1829 créase a Escola de Comercio e Náutica, na actualidade Escola Técnica Superior de Náutica.
  • En 1901 fúndase a Escola de Industrias, xerme do que serían a Escola Politécnica de Enxeñaría Industrial e de Telecomunicacións.
  • En 1915 institúese a Escola Normal de Mestres, orixe do que sería a vixente Facultade de Educación.
  • En 1929 fúndase a Escola de Enfermeiras do Hospital Marqués de Valdecilla, actualmente Escola Universitaria de Enfermaría.
  • Na década de 1950 Torrelavega acolle a Escola de Facultativos de Minas e Fábricas Mineiro-Metalúrxicas e Mineiro-Químicas, o que se convertería na actual Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Mineira.
  • En 1969 fúndase a Escola de Graduado Sociais, daquela dependente da Universidade de Oviedo e xerme da Diplomatura en Relacións Laborais dependente da Facultade de Dereito.
  • No ano 1966 instáuarse a E.T.S.I. de Camiños, Canais e Portos de Santander, dependente da Universidade de Valladolid.
  • En 1969 tócalle a quenda á Facultade de Ciencias, inicialmente só coa especialidade de Físicas, e tamén dependente da Universidade de Valladolid, incorporando despis a sección de Matemáticas e, en 2005, Enxeñaría Informática.
  • En 1970 o Concello e a Deputación Provincial de Santander ceden os terreos de Las Llamas na cidade de Santander co fin de crear un campus de 600 000 m².
  • Ao ano seguinte, 1971, créase o distrito universitario de Santander.
  • En 1973 inicia a súa andaina a Facultade de Medicina.
  • Coa creación en 1978 da Facultade de Filosofía e Letras consolídase a autonomía universitaria da UC.

En anos sucesivos iríanse integrando na Universidade as antigas Escolas da Mariña Civil e de Enfermaría, comezándose a impartir novas titulacións e a construción de modernos edificios.

Posteriormente, en decembro de 1999, adscríbese a Escola Universitaria de Turismo Altamira á UC, impartíndose desde o 2000 a diplomatura de Turismo e, xa desde 2009, o grao de Turismo.

En 2005 créase o segundo centro adscrito á Universidade, a Escola de Fisioterapia Gimbernat-Cantabria impartindo a diplomatura en Fisioterapia e, desde 2009 o grao. En 2011 incorpora á súa oferta o grado de Logopedia. Esta Escuoa encóntras situada en Torrelavega, primeiro compartindo edificio coa Politécnica de Minas, e desde 2010 cun propio.

Tamén en 2011 ponse en marcha un novo centro adscrito, o Centro Internacional de Estudos Superiores do Español de Comillas, no que se imparte o grao de Estudos Hispánicos e o máster de Ensinanza de Español para Estranxeiros.

Na actualidade un dos sinais de identidade máis importantes da Universidade de Cantabria é o seu potencial en actividades de investigación, desenvolvemento e innovación. A pesar do seu reducido tamaño en comparación con outras universidades, encóntrase entre os primeiros postos do ránking das universidades españolas, tanto por calidade como por capacidade investigadora, cunha alta produción científica por profesor.

Tamén é destácabel que a Biblioteca da Universidade de Cantabria (BUC) é unha das doce mellores bibliotecas universitarias de España.[5]

Cómpre engadir que a UC elaborou proxectos e estudos demandados por institucións e a administración pública, como exemplo pódese citar o Atlas Dixital da España Universitaria.[6]

En 2007 a Universidade entrou a formar parte da Rede Española de Supercomputación. Froito desta relación, instalouse o supercomputador Altamira.

En novembro de 2009 a UC recibiu a cualificación Campus de Excelencia Internacional CEI 2009 de ámbito rexional na Estratexia Universidade 2015 do Ministerio de Educación de España.[3]

En 2013 a Universidade de Cantabria aparecur por primeira vez no Ránking de Shanghai, situada no intervalo das 151-200 mellores universidades do mundo na área de Física.[7]

Emblemas editar

Os emblemas da Universidade de Cantabria veñen descritos no Título I, artigo 6, dos seus estatutos.[8]

  • O escudo é de forma cuadrilátera arredondada na súa parte inferior, nas proporcións 5 por 6, partido e amplamente entado, na parte esquerda, nun campo de prata, un carballo arrancado de sinople; na parte dereita, nun campo de azur, nao de prata sobre tres ondas de prata e azur; entado de ouro co bisonte de Altamira na súa cor. Bordadura de goles cargada de catro castelos de ouro mazonados de sable, surmontando o escudo unha cartela coa inscrición: Cantabriae Universitas.
  • O selo reproduce o seu escudo.
  • A bandeira é rectangular (proporcións 2:3), verde (Pantone 326), co escudo da Universidade no centro.

Centros docentes editar

 
Edificio Interfacultativo.
 
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
 
E.T.S.I. de Industriais e Telecomunicacións vista desde o Parque Atlántico de Las Llamas.
 
Facultade de Ciencias.
 
Facultade de Ciencias Empresariais e Dereito.

A Universidade de Cantabria conta cos seguintes centros docentes:[9]

Campus de Las Llamas (Santander) editar

  • Escola Técnica Superior de Eneñeiros de Camiños, Canais e Portos
  • Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e de Telecomunicacións
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Unidade docente de Enxeñaría Ambiental

Facultades e escolas dispersas por Santander editar

  • Escola Técnica Superior de Náutica
  • Facultade de Medicina
  • Escola Universitaria de Enfermaría "Casa de Salud Valdecilla"
  • Escola Universitaria de Turismo "Altamira" (centro adscrito)

Campus de Tanos (Torrelavega) editar

  • Escola Politécnica de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
  • Escola Universitaria de Fisioterapia Gimbernat-Cantabria (centro adscrito)

Campus de Comillas editar

  • Centro de Estudos do Español (centro adscrito)

Reitores editar

Profesores destacados editar

Notas editar

  1. Portal de Transparencia Arquivado 15 de agosto de 2016 en Wayback Machine. da UC.
  2. UC. Presupuesto 2016.
  3. 3,0 3,1 Ministerio de Educación del Gobierno de España (2009). "Resuelta la Convocatoria Campus de Excelencia Internacional". Consultado o 2 de setembro de 2018. 
  4. Publicaciones Institucionales (Memorias de la Universidad).
  5. Diario montañés.
  6. Noticia sobre el Atlas Digital Diario Montañés.
  7. Universidade Jiao Tong de Shanghai (2013). "2013 Academic Ranking of World Universities (ARWU)" (en inglés/chinés). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2018. 
  8. Estatutos Universidad de Cantabria. Aprobados por Decreto 169/2003, de 25 de septiembre (Boletín Oficial de Cantabria de 10 de octubre) Arquivado 12 de xullo de 2012 en Wayback Machine..
  9. Catálogo de centros.
  10. UC. Rector.

Véxase tamén editar

Ligazóns externss editar