Cristóbal Montoro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Cristóbal Ricardo Montoro Romero, nado en Cambil (Xaén) o 28 de xullo de 1950, é un político español, ministro de Facenda e Administracións públicas entre 2011 e 2018. Entre 2000 e 2004 foi tamén ministro de Facenda no goberno de Aznar, e foi membro do Parlamento Europeo e da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios.
Biografía
editarEn 1973 licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid, na que en 1981 obtiña o doutoramento. Exercería como profesor axudante primeiro e logo titular, para finalmente obter no ano 1989 a cátedra de Facenda pública na Universidade de Cantabria.
Dende 1993 é elixido deputado por Madrid e en 1999 entrou a formar parte do Comité executivo do Partido Popular a nivel nacional. Dende a chegada do PP ao goberno convértese no home forte de Rodrigo Rato que lle dá o cargo de secretario de Estado de Economía e na VII lexislatura é designado ministro de Facenda.
Tras as eleccións de 2004, nas que chega ao poder o PSOE con maioría simple, cesa no seu cargo e é elixido eurodeputado nas eleccións dese mesmo ano.
En 2008 volve ser elixido deputado por Madrid, ocupando o cargo de voceiro na Comisión de Economía e Facenda ata o seu nomeamento como Ministro o 22 de decembro de 2011.
Na cerimonia habitual no Palacio da Zarzuela tomou posesión pola fórmula do Xuramento como ministro de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España.
Cargos
editar- Deputado por Madrid no Congreso dos Deputados (1993-1996).
- Secretario de Estado de Economía (1996-2000).
- Deputado por Xaén no Congreso dos Deputados (2000-2004).
- Ministro de Facenda (2000-2004).
- Deputado do Parlamento Europeo (2004-2008).
- Deputado por Madrid no Congreso dos Deputados (2008-2011).
- Coordinador de Economía do PP (2008-2012).
- Deputado por Sevilla no Congreso dos Deputados (Dende 2011).
- Ministro de Facenda e Administracións Públicas (Dende 2011).
Véxase tamén
editarPredecesor: Manuel Conthe |
Secretario de Estado de Economía de España 1996 - 2000 |
Sucesor: José Folgado |
Predecesor: Rodrigo Rato (Economía e Facenda) |
Ministro de Facenda de España 2000 - 2004 |
Sucesor: Pedro Solbes (Economía e Facenda) |
Predecesor: Miguel Arias Cañete |
Coordinador de Economía do PP 2008 - 2012 |
Sucesor: Álvaro Nadal |
Predecesor: Elena Salgado (Economía e Facenda) Manuel Chaves (Política Territorial e Administación Pública) |
Ministro de Facenda e Administracións Públicas de España 2011 - 2018 |
Sucesor: María Jesús Montero (Facenda) Meritxell Batet (Política Territorial e Función Pública) |