Abrir o menú principal

Elena Salgado

política española

Elena Salgado Méndez, nada en Ourense o 12 de maio de 1949, é unha política galega. Foi Ministra de Economía e Facenda e Vicepresidenta Segunda do Goberno de España.

Elena Salgado
Elena Salgado 2010 (cropped).jpg
Elena Salgado Méndez
Datos persoais
Nacemento12 de maio de 1949
 Galicia Ourense
OrganizaciónPartido Socialista Obrero Español
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid e Universidade Complutense de Madrid
ProfesiónEnxeñeira Industrial
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

É enxeñeira Industrial nas especialidades de Técnicas Enerxéticas e Organización Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, licenciada en Ciencias Económicas na especialidade de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Métodos Cuantitativos de Xestión pola Escola de Organización Industrial.

Formou parte dos gobernos de Felipe González entre 1982 e 1996, como Directora do Departamento de Estudos no Instituto da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria (1982-1984), Directora Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Economía e Facenda (1985-1991) e Secretaria Xeral de Comunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (1991-1996). Trala derrota socialista en 1996, pasou á empresa privada, traballando en varias empresas do sector das telecomunicacións.

Foi nomeada Ministra de Sanidade e Consumo por José Luis Rodríguez Zapatero. A súa medida máis significativa foi a lei antitabaco que entrou en vigor en España o 1 de xaneiro de 2006. Ese ano aspirou, sen éxito, a presidir a Organización Mundial da Saúde, chegando á última fase, con outros catro candidatos, na que se elixiu finalmente a Margaret Chan[1] (8 de novembro de 2006).

O 6 de xullo de 2007 Elena Salgado, foi relevada no Ministerio de Sanidade e Consumo por Bernat Soria, pasando a ocupar o cargo de Ministra de Administracións Públicas.

Nas eleccións lexislativas de 2008 encabezou a lista do PSOE por Cantabria. O 12 de abril de 2008 foi confirmada de novo como ministra de Administracións Públicas para a IX Lexislatura. Porén, o 7 de abril de 2009, dentro dunha profunda remodelación do Goberno, abandonou o devandito ministerio para substituír a Pedro Solbes á fronte do Ministerio de Economía e Facenda e como Vicepresidenta Segunda do Goberno.[2]

NotasEditar

Ligazóns externasEditar