Comillas
Coordenadas: 43°23′13″N 4°17′22″O / 43.38694, -4.28944
Comillas é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca da Costa Occidental. Tiña unha poboación de 2.267 habitantes en 2015.
Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Udías, ao leste con Ruiloba e Alfoz de Lloredo e ao oeste con Valdáliga.
Ademais de polos seus edificios medievais e barrocos, Comillas destaca por ser un dos poucos lugares fóra de Cataluña no que interviñeron artistas modernistas como Antoni Gaudí, sendo as súas obras abundantes e visibles por toda a vila.
A localidade dá nome á Universidade Pontificia de Comillas situada orixinalmente nesta vila cántabra ata o seu traslado a Madrid. Os antigos edificios da universidade son un dos mellores exemplos do modernismo da localidade.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comillas |