Costa occidental de Cantabria
A costa occidental de Cantabria é unha comarca de Cantabria de carácter urbano e de tendencia turística.
Costa Occidental | |
---|---|
Capital | San Vicente de la Barquera |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Concellos | 8 |
Poboacion | 20.192 hab. (2005) |
Superficie | 317,84 km² |
Densidade | 63,52 hab/km² |
CaracterísticasEditar
Como o seu propio nome indica, esta comarca esténdese polo litoral do oeste da comunidade autónoma, desde o límite con Asturias, na desembocadura do río Deva, ata o municipio de Santillana del Mar; aínda que estes límites poden variar segundo a fonte, xa que esta comarca, como o resto das de Cantabria, non está regulada pero posúe uns elementos característicos comúns a todos os municipios que a forman.
Esta zona conta con grandes activos turísticos como son as praias, natureza, gastronomía e cultura. Dos municipios que a forman, son Santillana del Mar, Comillas e San Vicente de la Barquera os que máis renome teñen e polo tanto principais destinos, tanto na comarca como en Cantabria.
Na comarca occidental desembocan dúas dos ríos máis longos de Cantabria: o Deva e o Nansa ademais do río Escudo. Ademais das numerosas praias, podemos atopar o Parque natural de Oyambre e o Monte Coroa.
Destaca a cultura na zona, xa que nuns poucos quilómetros concéntranse a Cova e Museo de Altamira, o Zoólogico e Xardín Botánico, a Colexiata en Santillana del Mar. E en Comillas áchase o Palacio de Sobrellano, a Universidade Pontificia Comillas (actualmente recuperándose para o Campus Comillas) e o Capricho de Gaudí.
O occidente cántabro é unha comarca principalmente turística que, ao contrario que o oriente, permanecera a salvo da construción masiva debido á tardanza en construción da Autovía do Cantábrico, completada a do século XXI.
A poboación total da comarca alcanza a cifra de 20.192 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: San Vicente de la Barquera (4.491), Santillana del Mar (3.983) e Val de San Vicente (2.670). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Ruiloba (762), Udías (843) e Valdáliga (2.414).
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real..[1]
ConcellosEditar
Concellos máis poboados da comarca | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Posición | Concello | Poboación | |||||
1º | San Vicente de la Barquera | 4.491 | |||||
2º | Santillana del Mar | 3.983 | |||||
3º | Val de San Vicente | 2.670 |
GaleríaEditar
Castelo do Duque de Estrada en San Vicente de la Barquera.
Ponte da Maza sobre a ría de San Vicente de la Barquera.
Accesos á cova de El Soplao na serra de Arnero, a 540 metros de altitude.
Edificio da Universidade Pontificia de Comillas, futura sede do Campus Comillas.
Palacio de Sobrellano, sede provisional do Campus Comillas.
Praia de Comillas.
Arquitectura típica de Santillana del Mar.
Vista xeral da Colexiata de Santillana del Mar.
Claustro da Colexiata de Santillana del Mar.
NotasEditar
- ↑ Ley 8/1999, de 28 de abril, de comarcas de la Comunidad Autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.