Val de San Vicente
Val de San Vicente é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste co concello asturiano de Ribadedeva, polo sur con Herrerías e polo leste con San Vicente de la Barquera.
Val de San Vicente | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade Autónoma | Cantabria |
Comarca | Costa Occidental |
Xeografía | |
Altitude | 50 msnm |
Superficie | 50,9 km² |
Demografía | |
Poboación | 2.784 hab. (2009) |
Densidade | 54,7 hab./km² |
Outros datos | |
Código postal | 39xxx |
Alcalde | Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE) (2007) |
www.aytovaldesanvicente.com |
Val de San Vicente é o municipio máis occidental da costa cántabra e está situado na desembocadura dos ríos Deva e Nansa, que achegan as súas augas ao mar nas rías de Tina Mayor e Tina Menor respectivamente.
A súa actividade económica principal é o turismo. Tamén a industria alimentaria fíxose un oco na economía de Val de San Vicente coas corbatas como principal produto, típico da zona.
O territorio está atravesado pola Autovía do Cantábrico e pola liña de ferrocarril de FEVE Santander-Oviedo. De Unquera parte a principal estrada que comunica a comarca de Liébana coa costa e o resto de Cantabria.
Durante o Antigo Réxime este municipio pertencía como señorío aos Marqueses de Aguilar de Campoo.
LocalidadesEditar
DemografíaEditar
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.570 | 2.749 | 2.575 | 2.641 | 2.892 | 3.026 | 3.081 | 2.777 | 2.408 | 2.621 | 2.560 | 2.670 |
Fonte: INE
AdministraciónEditar
|
|
PatrimonioEditar
Existen no municipio os seguintes bens de interese cultural:
- Torre de Estrada, en Estrada, monumento.
- Cova de La Fuente del Salín, en Muñorrodero, zona arqueolóxica.
- Castro de Castillo, en Prellezo, zona arqueolóxica.
- Ruta Lebaniega, que liga o Camiño de Santiago da costa co Camiño Francés – afectando, á parte deste municipio, aos de San Vicente de la Barquera, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Potes, Cabezón de Liébana, Camaleño e Vega de Liébana.
Hai, ademais, un Ben de interese local, as Ruínas da antiga igrexa medieval do cemiterio de Portillo.
Concello irmánEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val de San Vicente |