Camaleño

Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.

Camaleño
Camaleno Spain.svg
Escudo de Camaleño (Cantabria).svg
Camaleño.jpg
Calameño.
Localización
Camaleño (Cantabria) Mapa.svg
PaísEspaña España
Com. AutónomaCantabria
ComarcaLiébana
Xeografía
Altitude200 msnm
Superficie161,1 km²
Demografía
Poboación1.048 hab. (2011)
Densidade6,51 hab./km²
Outros datos
AlcaldeJuan Manuel Guerra García (PRC) (2007)
www.aytocamaleno.org
Os Picos de Europa desde Camaleño.
Vista dos Picos de Europa.

As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.

Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do augardente lebaniego recóllese o do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.

Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.

O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.

LocalidadesEditar

Núcleo de poboaciónEditar

Camaleño é tamén o nome da localidade capital do concello. Atópase no río Deva, a unha altitude de 380 msnm. Dista 125 quilómetros de Santander, a capital da comunidade. Celebra a festividade da Virxe do Pilar (o 12 de outubro), cunha feira de gando. Da súa arquitectura destaca a casa dos Gómez de Enterría, onde pode verse un hórreo ben conservado e unha ermida moi rústica.

PatrimonioEditar

Tres son os bens de interese cultural deste municipio:

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
2.686 2.492 2.591 2.587 2.701 2.526 2.236 1.807 1.402 1.327 1.101 1.100

Fonte: INE

AdministraciónEditar

Juan Manuel Guerra García (PRC), é o actual alcalde do municipio. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 362 42 % 4
PRC 352 40,84 % 4
PSOE 123 14,27 % 1
  • Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 340 40,52 % 4
PRC 335 39,93 % 4
PSOE 154 18,36 % 1
  • Alcalde electo: Juan Manuel Guerra García (PRC).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar