Teleférico de Fuente Dé
O teleférico de Fuente Dé é un teleférico situado en Camaleño, na comarca de Liébana (Cantabria, España). Une a localidade de Fuente Dé e o miradoiro de El Cable, salvando un desnivel de 750 metros.
Historia
editarA idea da súa construción xurdiu de José Antonio Odriozola (expresidente da Unión Europea de Montañismo), oriúndo da comarca de Liébana. Foi deseñado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos José Calavera Ruiz e o arquitecto Ángel Hernández Morales, comezándose a construír o 20 de novembro de 1962 e sendo aberto ao público o 21 de agosto de 1966.
Características
editarO teleférico salva un desnivel de 750 metros. A estación base atópase a 1.090 metros de altitude e a base superior a 1.850 m. A capacidade das cabinas é de 20 prazas. Alcanza en 3 minutos e 40 segundos a cota de 1.847 metros, o que permite un rápido acceso ao macizo central dos Picos de Europa. O teleférico está composto dun tramo, con dúas seccións independentes, cun transportador en cada unha delas, de funcionamento independente e con regulación de velocidade. O cable ten unha lonxitude de 1.640 metros e as cabinas desprázanse a 10 metros por segundo.