Liébana (tamén chamada erroneamente La Liébana) é unha comarca histórica de Cantabria (España), unha das mellor definidas da rexión. Ten unha extensión duns 570 quilómetros cadrados e localízase ao suroeste de Cantabria, lindando coas provincias de Asturias, León e Palencia.

Modelo:Xeografía políticaLiébana
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°12′N 4°36′O / 43.2, -4.6Coordenadas: 43°12′N 4°36′O / 43.2, -4.6
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
CapitalPotes Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie574,83 km² Editar o valor em Wikidata
Ben de interese cultural
Data16 de agosto de 1968
IdentificadorRI-54-0000026

Vista da vila de Potes, capital comarcal de Liébana.
Senda de La Peña nos Picos de Europa. O turismo activo está moi asentado na comarca de Liébana. Na imaxe apréciase o antigo camiño mineiro que comunicaba o pobo Tresviso con Urdón, sendo unha das rutas de sendeirismo máis importantes de Cantabria.
Imaxe de Peña Ventosa en Liébana.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida, polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]

Concellos editar

Situación xeográfica editar

A comarca está situada nos Picos de Europa, a súa orografía a xeito de gran val fondo entre murallóns de pedra calcaria fixo dela a mellor definida de Cantabria. De difícil acceso, trátase dunha comarca rural cuxa capital sitúase en Potes.

É unha comarca montañosa pechada, constituída por catro vales (Valdebaró, Cereceda, Piedrasluengas e Cillorigo) que conflúen en Potes, centro da comarca. Os seus principais ríos son o Deva, o Quiviesa e o Buyón. No seu relevo escarpado destaca a roca calcaria do período Carbonífero, afectada por procesos kársticos. Lousas e areniscas aparecen nos fondos dos vales.

A súa condición de gran val pechado, con grandes diferenzas altitudinales e de fortes pendentes proporciona unha gran variedade de condicións ambientais que ocasionan unha multitude de formacións vexetais: aciñeiras, corticeiras, faias, carballos (Quercus robur, Quercus pyrenaica), prados de pasto e terras de cultivo. O seu relevo pechado fai que teña un microclima diferente ao do resto da rexión, afectado por un clima atlántico.

Así, no fondo do val de Liébana gózase dun clima mediterráneo, que se transforma progresivamente e a medida que ascendemos nun clima atlántico húmido ata alcanzar características subalpinas nos altos cumes dos Picos de Europa. As temperaturas medias anuais son de 28 °C para as máximas e 8 °C nas mínimas, cun nivel pluviométrico menor ao doutras zonas de Cantabria (800 mm anuais fronte aos 1.000-1.200 mm de media da rexión).

Historia editar

A finais do século XII e principios do século XIII figuran como tenentes de Liébana varios girones: Rodrigo Gutiérrez Girón, Gonzalo Rodríguez Girón e Rodrígo González Girón.[2] Gonzalo sería o señor máis poderoso da zona, xa que ostentaba tamén as tenencias de Pernía, Peñas Negras e Cervera.

A finais do século XIV, o Rei Xoán I de Castela outorgou o señorío de Liébana ao seu primo Juan Téllez de Castela, Señor de Aguilar de Campoo e fillo do Infante Tello de Castela.

A mediados do século XV, a posesión do señorío de Liébana deu orixe a unha das frecuentes guerras nobiliarias daquel tempo e, posteriormente, a un longo preito entre os Marqueses de Aguilar de Campoo, herdeiros de Juan Téllez de Castela e os sucesores do segundo matrimonio da súa esposa, Dona Leonor de la Vega, os Duques do Infantado da Casa de Mendoza. En 1576 os tribunais ditaron sentenza a favor da casa do Infantado.

Actualidade editar

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 5.860 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maior a menor, son: Potes (1.499), Cillorigo de Liébana (1.215) e Camaleño (1.088). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Tresviso (76), Pesaguero (360) e Cabezón de Liébana (686).

Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Potes 1.499
Cillorigo de Liébana 1.215
Camaleño 1.088

A economía na comarca de Liébana cambiou do sector primario ao auxe do turismo rural, froito da súa importancia paisaxística e do reclamo que provoca o Parque nacional dos Picos de Europa. Porén, o desenvolvemento que supuxo o turismo afectou case exclusivamente á localidade de Potes, cabeceira comarcal, en detrimento das demais poboacións do val. Así, o crecemento de poboación dos últimos anos en Potes non se ve reflectido nos demais núcleos de poboación, que están afectados por unha evolución demográfica negativa.

Galería editar

Notas editar

  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Pernía: Ordenación territorial y mandatarios. Siglos X-XIII. Por Valentín Ruesga Herreros

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar