Fuente Dé

Coordenadas: 43°7′43″N 4°47′12″O / 43.12861, -4.78667

Fuente Dé é unha localidade española do concello de Camaleño (Cantabria). A súa poboación (INE 2011) é de 6 habitantes (4 homes e 2 mulleres). Dista 16 km da capital municipal. O seu circo glaciar, poboado de faias e no cal nace o río Deva, é un punto de interese xeomorfolóxico.

Vista aérea de Fuente Dé

TeleféricoEditar

Artigo principal: Teleférico de Fuente Dé.

Este lugar posúe un teleférico que salva un desnivel de 753 metros cunha lonxitude de cable de 1.640 m. A estación superior do teleférico chámaselle El Cable, existindo alí un miradoiro sobre o val. O traxecto realízase en pouco máis de 3 minutos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar