Valdáliga
Coordenadas: 43°19′45″N 4°20′57″O / 43.32917, -4.34917 Valdáliga é un concello da comunidade autónoma de Cantabria situado a 58 quilómetros de Santander. A súa extensión é de 97,76 km², sendo un dos maiores desta autonomía, aínda que a súa poboación só ronda os 2.500 habitantes.
Valdáliga | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade Autónoma | Cantabria |
Comarca | Costa Occidental |
Xeografía | |
Altitude | 50 msnm |
Superficie | 97,8 km² |
Demografía | |
Poboación | 2.306 hab. (2009) |
Densidade | 23,58 hab./km² |
Xentilicio | Valdáligo/a |
Outros datos | |
Código postal | 39330 |
Alcalde | Lorenzo Manuel González Prado (AVI) (2007) |
Limita con poboacións importantes como Cabezón de la Sal, Comillas e San Vicente de la Barquera. Ao norte asómase ao Mar Cantábrico mediante unha ampla franxa do Parque natural de Oyambre, mentres que ao sur recóstase nas brumosas ladeiras da Serra do Escudo de Cabuérniga, onde nace o río Escudo.
Comparte cos concellos de Herrerías e Rionansa a cova de El Soplao.
LocalidadesEditar
EconomíaEditar
A súa economía sempre foi agropecuaria, forestal e ultimamente turística. Un 21 % da poboación emprégase no sector primario, un 21,6 % na construción, un 12,6 % na industria e un 44,8 % no sector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 49,4 % e a taxa de paro é do 10,2 %, mentres que a media en Cantabria está arredor do 52,5 % e do 14,2 % respectivamente. Predomina polo tanto o sector servizos.
PatrimonioEditar
Destaca unha Casa-Torre en Roiz, ben de interese cultural con categoría de monumento e, ademais, a Casona da Salceda en Treceño, Ben inventariado.
DemografíaEditar
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
3.566 | 3.637 | 3.758 | 3.595 | 3.626 | 3.932 | 3.434 | 3.252 | 2.753 | 2.832 | 2.541 | 2.364 |
Fonte: INE
AdministraciónEditar
|
|
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valdáliga |