Ruiloba

Coordenadas: 43°22′54″N 4°15′3″O / 43.38167, -4.25083 Ruiloba é un concello situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca da Costa Occidental e partido xudicial de San Vicente de la Barquera. Ten pouca superficie, 15,13 quilómetros cadrados. O seu nome provén de río da Loba, o que delata unha orixe fluvial (v. hidrónimo en toponimia), frecuente en Cantabria. No seu escudo pódese ollar a figura dun lobo.

Ruiloba
Escudo de Ruiloba.png
Bandera de Ruiloba.png
Ruiloba Ayuntamiento.jpg
Localización
Ruiloba (Cantabria) Mapa.svg
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCantabria
ComarcaCosta Occidental
Xeografía
Altitude37 msnm
Superficie15,13 km²
Demografía
Poboación773 hab. (2009)
Densidade51,09 hab./km²
Outros datos
Código postal39527
AlcaldeMartín Remón Jáuregui (PRC) (2007)

Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste co municipio de Comillas e polo sur e leste co de Alfoz de Lloredo.

LocalidadesEditar

EconomíaEditar

Actualmente, a actividade económica que emprega practicamente á metade da poboación activa é o sector terciario, movido sobre todo polo turismo, que se beneficia da atracción dos concellos próximos como Santillana del Mar ou Comillas. Con todo, tamén se desenvolven actividades tradicionais como a agropecuaria ou a olería, en talleres do barrio de La Iglesia.

DemografíaEditar

Evolución demográfica del municipio (1900-2006)
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006
1.007 1.109 1.216 1.108 1.002 1.023 936 898 761 731 721 762

Fonte: INE

AdministraciónEditar

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 281 51,28 % 4
PP 137 25 % 2
PRC 121 22,08 % 1
  • Alcalde electo: Gregorio Escalante Barreda (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 221 39,53 % 3
PRC 144 25,76 % 2
PP 118 21,11 % 2
  • Alcalde electo: Martín Remón Jaúregui (PRC).

PatrimonioEditar

 
Casa do Concello, no barrio de La Iglesia, capital municipal.
 
Torre da Igrexa da Asunción.

Non existe neste municipio ningún Ben declarado de Interese Cultural. Poden, non obstante, mencionarse diversos puntos de interese:

En varias aldeas do municipio, como Casasola, Concha ou Pando, poden verse interesantes conxuntos de arquitectura popular propia das Asturias de Santillana, caracterizada por casas en ringleira, con balcóns corridos desde un hastial ata outro, con cantería e cachotería.

NaturezaEditar

 
Praia de Luaña, entre Cóbreces en Alfoz de Lloredo, e Ruiloba. O arroio da Conchuga, ao fondo, marca o límite; o acantilado que se ve é territorio de Ruiloba.

Ruiloba é un municipio costeiro que linda co mar Cantábrico polo norte. Tres puntas destacan na liña costeira: Miradorio, Las Cornejas e Ruiloba. Ao leste de Miradorio atópase a enseada de Fonfría, onde existe unha piscifactoría. Varios regatos percorren Ruiloba, entre eles o chamado de La Conchuga, que delimita o concello polo leste separándoo de Alfoz de Lloredo, e que desemboca na praia de Luaña, compartida por ambos municipios (aínda que pertence na súa maior parte a Alfoz de Lloredo).

Esta situación permite que se practique a pesca a nivel afeccionado, o marisqueo e a recollida de algas.

No sur o terreo elévase un pouco, alcanzando os 303,6 metros no monte Cotalvio.

É zona de prado, con bosques de eucalipto e piñeiro para a súa explotación industrial. En lugares illados albíscanse carballos ou aciñeiras. Hai árbores destacadas na leira «La Castañera» de La Iglesia (unha aciñeira e un teixo) e na leira «La Casa de San Pedro» de Liandres (outra aciñeira).

FestasEditar

Véxase taménEditar