Universidade Pontificia Comillas

universidade privada
(Redirección desde «Universidade Pontificia de Comillas»)

A Universidade Pontificia Comillas é unha universidade privada, da Igrexa Católica, dirixida pola Compañía de Xesús, con sede en Madrid.

Universidade Pontificia Comillas
Logo
Tipouniversidade pontificia, editor de acceso aberto e universidade jesuita
Data de fundación16 de decembro de 1890
Nº de empregados2.186 Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiaria"San Juan de Dios" School of Nursing and Physiotherapy
SedeColegio de Areneros e Universidad Pontificia de Comillas
EnMadrid e Comillas
PaísEspaña
40°25′48″N 3°42′41″O / 40.43, -3.71138889
Na rede
https://www.comillas.edu
Facebook: upcomillas.ICAI.ICADE Twitter: ucomillas Instagram: ucomillas LinkedIn: upcomillas TikTok: ucomillas BNE: XX111362 Dialnet: 779104 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Conta con 9.301 alumnos e 1.712 profesores.[1]

Historia

editar
 
Vista parcial do complexo no que se aprecia o Seminario Maior da antiga universidade de Comillas deseñado por Lluís Domènech i Montaner. Actualmente o complexo é propiedade do Goberno de Cantabria e sede da Fundación Comillas.

Foi creada como Seminario de San Antonio de Padua de Comillas o 16 de decembro de 1890 en Comillas (Cantabria), erixido polo Papa León XIII, mediante o Breve "Sempiternam Dominici Gregis".[2] Nos seus inicios era un seminario católico para a formación de candidatos ao sacerdocio, promovido a instancias do pai xesuíta Tomás Gómez Carral (1837-1898) e construído polo seu patrocinador, Antonio López y López (1817-1883), primeiro marqués de Comillas, e o seu fillo Claudio López Bru (1853-1925), segundo marqués de Comillas, que continuaría o labor do seu pai. A súa disciplina interna e calidade académica fixeron del un lugar no que confluíron un importante número de vocacións sacerdotais procedentes de todas as dioceses españolas, hispanoamericanas e de Filipinas. O aumento da súa actividade fixo que paulatinamente foran agregándose novos edificios aos xa existentes: Seminario Maior (1882), Seminario Menor (1912), Colexio Máximo (1944) e o Colexio Hispanoamericano (1946).

O 19 de marzo de 1904, o Papa San Pio X concede ó Seminario Pontificio de Comillas, por medio do Decreto "Praeclaris honoris argumentas", a facultade de conferir grados académicos en Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico, converténdoo en Universidad Pontificia.

O 24 de xaneiro de 1969, o Papa Paulo VI autoriza e referenda mediante carta ao Gran Chanceler o traslado a Madrid da universidade e a súa apertura á ensinanza de segrares.

O día 20 de xuño de 1978 realizouse a erección canónica e a incorporación da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, da Facultade de Dereito e da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (centros universitarios de ICAI-ICADE) á agora denominada Universidade Pontificia Comillas. O Estado Español recoñeceu plenos efectos civís aos estudos cursados nas mencionadas Escolas e Facultades, por Real Decreto 1610/1979, de 4 de abril, de conformidade co establecido no Convenio entre a Santa Sé e o Goberno Español de 5 de abril de 1962.

Posteriormente incorporáronse á universidade novos centros de estudo e investigación, ata chegar ás 4 facultades, 2 escolas e 7 institutos que a compoñen actualmente.

Campus e centros

editar
 
Edificio de ICAI

Antigos alumnos

editar
 
Fachada do edificio de ICADE na rúa Santa Cruz de Marcenado

Na Universidade Pontificia Comillas formáronse importantes profesionais para a vida económica de España, especialmente na rama do dereito e a empresa. Podemos citar entre diversos empresarios de renome a Sebastián Escarrer (Conselleiro delegado de Sol Meliá), Juan Arena (presidente de Bankinter), Carlos Espinosa de los Monteros (presidente de Mercedes Benz España), Javier Benjumea (presidente de Abengoa), Amparo Moraleda (directora da área Internacional de Iberdrola), Ignacio Sánchez Galán (presidente de Iberdrola), Fernando Conte (expresidente de Iberia), Magda Salarich Fernández de Valderrama (conselleira delegada de Citröen) ou Rafael Miranda (conselleiro delegado de Endesa). Na política, algúns alumnos acadaron postos de importancia, incluíndo a Diego López Garrido (Secretario de Estado para a Unión Europea), Pilar Barreiro Álvarez (alcaldesa de Cartagena), José Bono (ministro), Rodrigo Rato, Enrique Barón (ministro) ou Ginés López (exalcalde de Arganda del Rey).

  1. "Fundación Universidad.es". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2010. Consultado o 08 de novembro de 2010. 
  2. Ministerio de Cultura de España

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar