Ramón Lorenzo
Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.
Ramón Lorenzo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de setembro de 1935 |
Eirapedriña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | filólogo e profesor |
Cónxuxe | Úrsula Heinze |
Fillos | Amaya Lorenzo Heinze |
Premios | Premio Trasalba e Premio Lois Peña Novo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A súa tese titulada Traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla recibiu o premio extraordinario de doutoramento e constitúe unha referencia inescusable para o estudo da lingua medieval galega e portuguesa. Non menos valiosa é a edición galega da Crónica troiana. O Consello da Cultura Galega publicou en 2019 Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices,[1][2] dispoñible na Gallaeciae Monumenta Historiaca.[3]
Por outra banda, formou parte do grupo literario Brais Pinto, canda Méndez Ferrín, Alexandre Cribeiro, Herminio Barreiro, Reimundo Patiño etc, e foi un dos impulsores da revista de creación poética Dorna.
En 1971 participou na fundación do Instituto da Lingua Galega[4], institución á que permanece vinculado.
Traduciu obras de literatura xuvenil, como O ponche dos desexos, de Michael Ende (xunto a Úrsula Heinze).
GalardónsEditar
- Galego egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia (2009).
- Premio Trasalba 2011.[5]
- Premio Brais Pinto 2013.
- Premio Lois Peña Novo 2010.
Vida persoalEditar
Casou con Úrsula Heinze en 1968[Cómpre referencia].
NotasEditar
- ↑ "Mosteiro de Montederramo". consellodacultura.gal. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ Ferro Ruibal, Xesús. "Ramón Lorenzo e a 'Colección documental do mosteiro de Montederramo'". academia.gal. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ "GMH: GMH". gmh.consellodacultura.org. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ Ramón Lorenzo: “O PP non fai galeguismo cordial, o que fai é atacar a lingua”, entrevista de Alberto Ramos, publicada orixinalmente no Xornal de Galicia, 26/5/2011.
- ↑ VV.AA. (2011). Ramón Lorenzo. Señor das palabras (PDF). Fundación Otero Pedrayo.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Lorenzo |
BibliografíaEditar
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 296–297. ISBN 84-7507-139-2.
Ligazóns externasEditar
- “Ningún país necesita o bilingüismo: o normal é unha lingua única” Galicia-Hoxe, 16/3/2009.
- "Entrevista ó profesor Ramón Lorenzo Vázquez" 27/6/2002, Vieiros.
- Ramón Lorenzo "A lingua das cantigas trobadorescas" Vieiros.
- Pequena biografía
- Biografía na Real Academia Galega