Herminio Barreiro

docente e pedagogo galego

Herminio Barreiro Rodríguez, nado en Dorrón (Sanxenxo)[1][2][3][4] o 1 de outubro de 1937 e finado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2010[5], foi un docente e pedagogo galego.

Herminio Barreiro
Nacemento1 de xaneiro de 1937
Lugar de nacementoDorrón
Falecemento6 de novembro de 2010
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
SoterradoSisán
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid
Ocupaciónpedagogo
Na rede
Dialnet: 85299
editar datos en Wikidata ]
Nicho de Herminio Barreiro Rodríguez en Sisán (Ribadumia).

Traxectoria editar

Fillo de Herminio Barreiro Calvete, mestre socialista encarcerado durante a Guerra Civil española[6], pasou a súa infancia en Cerdedo, onde a súa nai fora destinada como mestra. Estudou bacharelato en Pontevedra e a partir de 1958 Filosofía e Letras en Madrid. Alí, xunto a outros galegos que estaban estudando na universidade, fundou o grupo Brais Pinto.

En 1965 marchou a Francia a dar clase de español, e nese país afiliouse ao Partido Comunista de España.

De volta en Galicia, traballou como profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC e publicou diversos traballos relacionados principalmente con temas históricos e educativos. Tamén dirixiu o anuario de historia da educación Sarmiento. Foi colaborador de prensa diaria e participou en diversas empresas culturais. Politicamente estivo durante boa parte da súa vida vencellado ao Partido Comunista e a Esquerda Unida, pola que se presentou como candidato a distintas eleccións municipais en Santiago[7].

Foi un gran profesor, un gran teórico, un historiador da pedagoxía dende a perspectiva do ensino como ferramenta liberadora do ser humano. Era un antifascita e un loitador e un escritor precioso. Fóiseme un irmán

Obra en galego editar

Ensaio editar

  • Retallos para un tempo distinto, 1992, Ediciós do Castro.
  • No solar galego de Camoens, 2002, edición de autor.
  • Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), 2008, Xerais.
  • Memoria crítica da escola desde a universidade (historia mínima dun curso especial na USC), 2011, Universidade de Santiago de Compostela.

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en Galicia, 1989.

Obras colectivas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar