Abrir o menú principal

Dorrón, Sanxenxo

San Xoán de Dorrón é unha parroquia que se localiza no extremo oriental do concello pontevedrés de Sanxenxo, lindando xa co de Poio. Ó oeste linda coa parroquia de Bordóns, ó norte do concello de Meaño e ó sur coa Ría de Pontevedra.

San Xoán de Dorrón
Sanxenxo, A Granxa 04-02a.jpg
Casa modernista no lugar da Granxa, da parroquia de Dorrón
ConcelloSanxenxo
Área5,6 km²
Poboación1.393 hab. (2016)
Densidade248,75 hab./km²
Entidades de poboación13

Segundo o IGE, en 2016 tiña 1.393 habitantes (722 mulleres e 671 homes), o que supón un descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 1.412 habitantes, pero un ascenso respecto ó ano 2000, cando tiña 1.328.

A parroquia ten unha superficie de 5,6 km 2, distribuída en 13 entidades de poboación.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo anterior que se supón románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido.

No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás.

No seu interior destaca o retablo barroco da Capela do Carme.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar