Bordóns, Sanxenxo
San Pedro de Bordóns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 602 habitantes (295 mulleres e 307 homes), o que supón un descenso respecto á poboación do ano 2009, cando tiña 619 habitantes, para alcanzar a que tiña en 2007, cando eran 601 veciños. A poboación distribúese en 8 entidades.
Bordóns | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Sanxenxo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′25″N 8°47′07″O / 42.40694444, -8.78527778 |
Área | 2,5 km² |
Poboación | 602 hab. (2016) |
Densidade | 240,8 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarA superficie da parroquia é de tan só 2,5 km2, o que a converte na segunda máis pequena do concello após a parroquia de Arra.
Limita ó norte co concello de Meaño, ó sur coa ría de Pontevedra, ó leste coa parroquia de Dorrón e ó oeste coa de Padriñán.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial, localizada no lugar da Lamela, conta cunha soa nave rectangular, dividida en tres tramos. O primeiro está composto por tres arcos de medio punto, que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior. Os outros dous tramos son de planta rectangular e de maior anchura.
No exterior destaca a fachada principal, cunha espadana de dúas campás e varios pináculos de ornamentación, que se repiten en tódalas esquinas do templo.
No contorno da igrexa destaca a entrada do camposanto, na que se conservan dous linteis dun baldaquino. Un deles representa o enterro de Cristo, que aparece tendido sobre o arco axudado por dous santos no extremo do sudario mentres San Xoán lle colle a man esquerda. Detrás aparece a Virxe chorando.
No outro frontal aparece San Sebastián asaeteado por dous saións[2] sobre fondo de seis frechas en forma de auréola.
Galería de imaxes
editar-
Fachada da igrexa parroquial.
-
Relevo xunto á igrexa parroquial.
-
Relevo xunto á igrexa parroquial.
-
Bordóns no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.
Lugares e parroquias
editarLugares de Bordóns
editarLugares da parroquia de Bordóns no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Areas | Carballal | Chan de Vila | A Lamela | Nanín | O Outeiro | A Regata | Sear |
Parroquias de Sanxenxo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Verdugos que executaban os condenados.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- FILGUEIRA VALVERDE, Xosé; RAMÓN E FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: Baldaquinos gallegos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1987.