Baldaquino de San Pedro de Bordóns

construción relixiosa na igrexa de Bordóns, Sanxenxo

Coordenadas: 42°24′25″N 8°47′07″O / 42.406944444444, -8.7852777777778

Na Igrexa de San Pedro de Bordóns (Sanxenxo) consérvanse dúas pezas colocadas sobre o muro da entrada ó cemiterio. Proceden dun baldaquino esquinado que acollía o osario [1], no adro da igrexa.

Baldaquino de San Pedro de Bordóns
Enterro de Cristo
Presentación
LocalizaciónSanxenxo
DirecciónIgrexa de San Pedro de Bordóns
TipoBaldaquino
San Sebastián.

As escenas representadas son as seguintes:

  • O enterro de Cristo, que aparece tendido sobre o arco, ó que supera. Dous bos homes sosteñen o sudario mentres que un terceiro, san Xoán, lle colle a man esquerda. Detrás aparece a Virxe chorando.
  • Martirio de san Sebastián, asaeteado por dous saións sobre fondo de seis frechas en forma de auréola.

Notas editar

  1. No Museo de Pontevedra consérvase unha fotografía do osario, datada ó redor de 1890.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar