Noalla, Sanxenxo
Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa unha estabilidade demográfica respecto ós últimos anos: en 2009 tiña 2.561 habitantes; en 2008, 2.533; e en 2000, 2.453.
Santo Estevo de Noalla | |
---|---|
Tímpano da igrexa de Santo Estevo | |
Concello | Sanxenxo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′55″N 8°51′15″O / 42.43194444, -8.85416667 |
Área | 8,7 km² |
Poboación | 2.552 hab. (2016) |
Densidade | 293,33 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó leste coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa do concello. Consta de 17 entidades de poboación.
Xentilicio
editarO seu xentilicio é noallino[2].
Patrimonio
editarA igrexa parroquial —a máis grande do concello— foi orixinariamente de estilo románico, conservándose desa época dúas arquivoltas apuntadas na fachada. Consta dunha soa nave, dividida en tres tramos: os dous máis occidentais están cubertos por bóveda de cruzaría, e o terceiro, xunto coa capela, con bóveda de canón.
Na fachada occidental, no tímpano figura un calvario do século XVIII. No lado esquerdo ten acaroada unha torre-campanario, rematada en cúpula, e ó pé unha pequena imaxe de Santo Estevo Mártir.
Nesta parroquia atópase o castro da Lanzada, a carón da torre da Lanzada. Tamén posúe un bo número de restos megalíticos na zona de Monte Faro.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Noalla, Sanxenxo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Noalla
editarLugares da parroquia de Noalla no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Aios | O Casal | Os Caseiros | Codesal | Cova de Pazos | Fonte de Ons | A Igrexa | A Lanzada | Mourelos | O Pombal | Quintáns | A Revolta | Salgueiro do Mato | Soutullo | Telleiro | O Tombelo | Tramalleiro |
Parroquias de Sanxenxo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 25. Consultado o 22 de xullo de 2021.