Estevo, mártir

diácono considerado o primeiro mártir cristián
(Redirección desde «Estevo Mártir»)

Santo Estevo (do grego Stephanos, coroa) foi un diácono e protomártir, considerado o primeiro mártir cristián.

Estevo, mártir
Nacementoc. 1
Lugar de nacementoGrecia
Falecementoc. 36
Lugar de falecementoXerusalén
Causalapidación
SoterradoBasílica de São Lourenço Fora de Muros
NacionalidadeXudea
Relixióncristianismo
OcupaciónDiácono, vítima, sen etiquetar e asasinado
editar datos en Wikidata ]
Santo Estevo de Noalla, en Sanxenxo

Historia editar

A súa figura encádrase a principios do século I, cando o cristianismo era aínda considerado unha seita máis do xudaísmo. Segundo os Feitos dos Apóstolos, Estevo era o líder dos sete diáconos nomeados polos apóstolos en defensa dos xudeus helenistas, os xudeus da diáspora que falaban grego a pesar de vivir en Xerusalén. Desde esta posición, Estevo denunciou as preferencias que a Igrexa daba aos xudeus hebreos fronte aos xudeus helenistas, condenando á súa vez o uso do Templo de Xerusalén como asento da idolatría contraria á Lei de Moisés e afirmando que só Xesús estaba chamado a espiritualizar o culto do templo.

Estas ideas chocaron cos intereses materiais da casta sacerdotal e coas crenzas do pobo xudeu, o que acabou incomodando aos fariseos dalgunhas sinagogas, que acusaron a Estevo ante o Sanedrín de blasfemia contra Moisés e Yahveh. A asemblea considerouno culpable e Estevo foi lapidado nos arredores de Xerusalén, ao tempo que, segundo a tradición, oraba polos seus verdugos, dicindo: "Señor, non lles tomes en conta este pecado". Entre os participantes estaba Paulo de Tarso, pero non tirando pedras, senón coidando a roupa dos que o facían. Na iconografía usual, aparece co libro dos Evanxeos na man, por ser mártir, e coas pedras coas que foi lapidado.

Trala morte de Estevo, os xudeus helenistas dispersáronse por Palestina e Antioquía, levando a súa prédica entre os pagáns. O seu martirio supuxo o fin do cristianismo como seita do xudaísmo, ao separar o culto cristián do xudeu practicado en Xerusalén. Os helenistas sentaron as bases do cristianismo concibido coma unha relixión universal, non exclusivamente xudía, concepto desenvolvido por San Paulo e ratificado no Concilio de Xerusalén.

Veneración editar

É venerado pola Igrexa Ortodoxa e a Igrexa Católica. O seu día é o 26 de decembro. Represéntase coa palma do martirio, vestiduras de diácono e cunha ou varias pedras. É o patrón dos diáconos.

En Galiza é o undécimo santo con máis advocacións, sendo patrón de 106 parroquias.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar