Areas, Bordóns, Sanxenxo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Areas.
Areas é un lugar da parroquia de Bordóns do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 123 habitantes en 2016 (62 mulleres e 61 homes), practicamente a mesma poboación que tiña en 2009, 122 veciños, e un lixeiro aumento respecto ó ano 2004, cando eran 116 habitantes.
Areas | |
---|---|
![]() Praia de Areas | |
Parroquia | Bordóns |
Concello | Sanxenxo |
Poboación | 123 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este lugar dista 2,2 quilómetros da capital do concello.
A praia de Areas, aberta á Ría de Pontevedra, posúe uns 720 m de lonxitude. Está composta por area branca e fina. Accédese a ela desde a estrada PO-308, antes de entrar en Sanxenxo.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BordónsEditar
Lugares da parroquia de Bordóns no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Areas | Carballal | Chan de Vila | A Lamela | Nanín | O Outeiro | A Regata | Sear |