Antón Lopo

escritor e xornalista galego

Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor galego.[1][2]

Antón Lopo
Nacemento17 de xaneiro de 1961
Lugar de nacementoMonforte de Lemos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
XénerosPoesía, narrativa, teatro e ensaio
PremiosPremio Esquío de poesía, Premio Narrativa Breve Repsol e Premio da Crítica de narrativa galega
Na rede
Dialnet: 1808760
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.

É creador de vocación interdisciplinar: fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), unha experiencia singular onde o poeta é o único soporte da obra. Como activista e performer realizou "O lugar", no que mediu Santiago de Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.

Como poeta publicou Sucios e desexados (1987), Manual de masoquistas (1990), Á sombra dos rapaces mexando (1995), O libro dos amados (1996), OM (1996), Pronomes (1998); como narrador publicou diversos relatos espallados en publicacións colectivas e as novelas As reliquias (Xerais, 1991), Premio Café De catro a catro, O riso de Isobel Hill (Deputación de Pontevedra, 2000) e Ganga (Xerais, 2001).

No ano 2002 publicou Fálame. Desenvólvese como xornalista de cultura no xornal O Correo Galego, que se transformou no 2003 en Galicia Hoxe.

Indagou na oralidade e na poesía física con "Prestidixitador" (Teatro Galán, 2001), "Accións" (Galería Trinta, 2003), "Dentro" (Casa da Parra, 2005) e "Lampíricos" (Galería Dispara, 2012), coa axuda de soportes como fotografía, vídeo, instalación ou memoria.[3]

Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, das que forma parte. É Director do festival Alguén que respira, performer de fisicidade radical (foi alumno de Marina Abramovic).[4]

Dirixe a editorial Chan da Pólvora.[5]

Obra editar

Poesía editar

 
Culturgal 2010.
  • Sucios e desexados (1988). Sotelo Blanco. 84 páxs.
  • Manual de masoquistas (1991). Ed. de autor.
  • Á sombra dos rapaces mexando (1995).
  • Libro dos amados (1996). Ed. Compostela, Poeta en Compostela 7. Poemario onde predomina o homoerotismo e o emprego dunha linguaxe do cotián, antirretórica.
  • OM (1997). Espiral Maior.
  • Pronomes (1998). Espiral Maior. Voz forte que enuncia a representación hierática dun magma salvaxe: o amor, a morte, o desexo, a desintegración da memoria persoal e colectiva e a labilidade do vivido como fabulación rememorada. O poemario dá cabida, por primeira vez na historia da tradición lírica galega, a un tipo de desexo, o S/M, que entronca ao autor cunha corrente de pensamento próxima á teoría Queer.[6]
  • Fálame (2004). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Poemario áspero e descarnado pero tamén visceral e humano. Trata temas amargos como a dificultade das relacións interpersoais, a incomunicación sexual ou a imposíbel felicidade etc.)
  • Corpo (2018) Xerais. 96 páxs. ISBN 9788491213901.
  • Lampíricos (2020). Chan da Pólvora. ISBN 9788412142600.
 
Con Xosé Luís Méndez Ferrín na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2020

Narrativa editar

Teatro editar

Ensaio editar

 
Con Anxos Sumai presentando Lampíricos en Pontevedra (2021)

Traducións editar

Obras colectivas editar

  • Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais.
  • Chineses, 1996, O Correo Galego.
  • A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

Premios editar

Notas editar

  1. "Antón Lopo Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2021-05-15. 
  2. "Antón Lopo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-15. 
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-05-15. 
  4. tr3sreinos (2020-02-10). "Antón Lopo". tr3sreinos. Consultado o 2021-05-15. 
  5. "«A poesía é moito máis que un texto que non chega ó final da liña»". La Voz de Galicia. 2016-08-20. Consultado o 2021-05-15. 
  6. peoplepill.com. "About Antón Lopo: Spanish journalist (1961-) Biography, Facts, Career, Wiki, Life". peoplepill.com. Consultado o 2021-05-15. 
  7. "Antón Lopo súmase á lista do García Barros con 'Obediencia'". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-05-15. 
  8. "Extraordinario de Antón Lopo, gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol Consellería de Cultura, Educación e Universidade". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-05-15. 
  9. "Lopo gaña o García Barros". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2010. 
  10. "Antón Lopo gaña o XII Premio de Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  11. "Tags premios-da-critica-espanola - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". www.sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-06. 
  12. Diario, Nós (2022-12-08). "Antón Lopo recibe o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño". Nós Diario. Consultado o 2022-12-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar