O ponche dos desexos
O ponche dos desexos: infernalcoholeosatanarqueolóxico[1] (título orixinal en alemán, Der satanarchäolügenialkohöllische Wunschpunsch), é unha novela de Michael Ende publicada orixinalmente en 1989. A novela foi galardoada co premio literario suízo "La vache qui lit" no ano 1990.
O ponche dos desexos | |
---|---|
Título orixinal | Der satanarchäolügenialkohöllische Wunschpunsch |
Autor/a | Michael Ende |
Orixe | Alemaña |
Lingua | Alemán |
Xénero(s) | Novela de fantasía |
Data de pub. | 1989 1990 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 229 |
ISBN | ISBN 3-522-17948-X |
Tradución | Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ao galego por Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze, e publicada en 1990 por S.M.[1] No ano 1990, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.
Trama
editarBelcebú Sarcasmo, un mago de laboratorio de 187 anos, e maila súa tía Tirania Vampir, unha meiga de máis de 300 anos capaz de multiplicar os cartos, son dúas persoas ávidas de facer o mal no mundo. Asinaron contratos con Belcebú, segundo o cal cada ano deberán realizar un sinfín de maldades de diversa índole a cambio de lograr varios poderes.
Para evitar que leven a cabo as súas atrocidades, todas elas contra a natureza e o medio ambiente, o Consello de Animais mandou espías para descubrir o que pasa. En casa do mago está o gato Félix, un gato lambón con aspiracións artísticas e nobiliarias, que ó cabo é domesticado. Á casa de Madam Vampir foi un corvo calamitoso chamado Xacobe Osadías.
A trama desenvólvese a tarde-noite do 31 de decembro. Chegou o último día do ano e aínda non levaron a cabo boa parte das maldades pactadas, polo que desde o inferno mandan o funcionario Maledictus Oruga para lembrarlles que deben cumprir os contratos ou serán secuestrados. O mago e a meiga deciden aliarse e usar unha poderosísima receita: o ponche dos desexos. Esta receita concede todos os desexos o día de San Silvestre, coa particularidade de que logo de bebelo se debe pedir o contrario ao que se quere conseguir. Porén, Maurizio e Xacobe tamén se alían, e conseguen que o poder dunha badalada de ano novo desfaga o enfeitizo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 O ponche dos desexos. Traducido por Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze (1ª ed.). Madrid: Editorial SM. 1990. ISBN 978-84-939647-9-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega.