Corvus
Corvus Corvos e especies similares Rango fósil: mioceno medio – actualidade (17 Ma - 0 Ma) | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvus brachyrhynchos (Corvo norteamericano) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Corvus é un xénero de aves da orde das paseriformes, o tipo da familia dos córvidos.
O xénero comprende máis de 40 especies distribuídas por todos o continentes, agás en Suramérica e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como corvos,[1] pero outras tamén co nome de grallas.[2]
As especies deste xénero parece que evolucionaron en Asia Central, desde onde estenderon o seu territorio a Norteamérica (incluído México), África, Europa e Australia.[3]
Características
editarPara seren paxaros, son aves grandes ou medianas, oscilando o seu tamaño, desde as máis pequenas, desde a gralla cereixeira (hoxe clasificada como Coloeus monedula, que é do tamaño dunha pomba), até o corvo grande da rexión holártica, que mide entre os 52 e os 69 cm de lonxitude e pesa desde os 0,69 aos 1,7 kg.
As especies de Corvus son todas de cor negra ou negra cunha pquena parte da súa plumaxe gris ou branca. Son repoludos, e teñen peteiros grosos e fortes patas.
O seu dimorfismo sexual é moi escaso.[4]
Investigacións recentes descubriron que algunhas especies de corvos son quen de empregar ferramentas para diferentes usos.[5] Ademais, son considerados uns dos animais máis espelidos da terra,[6] cun coeficiente intelectual semellante ao que amosan certos primates.[7]
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 105,[8] do volume I da 10ª edición do seu Systema Naturae.[9]
Etimoloxía
editarLinneo elixiu para o nome do xénero o termo do latín clásico corvus, -i, nome co que os antigos romanos designaban ao corvo grande.
Especies
editarNa actualidae, dentro do xénero recoñécense as seguintes especies:[10][11]
- Corvus albicollis Latham, 1790
- Corvus albus Statius Muller, 1776
- Corvus bennetti North, 1901
- Corvus brachyrhynchos C. L. Brehm, 1822
- Corvus capensis Lichtenstein, 1823
- Corvus caurinus S. F. Baird, 1858
- Corvus corax Linnaeus, 1758
- Corvus cornix Linnaeus, 1758
- Corvus corone Linnaeus, 1758
- Corvus coronoides Vigors & Horsfield, 1827
- Corvus crassirostris Rüppell, 1836
- Corvus cryptoleucus Couch, 1854
- Corvus culminatus Sykes, 1832
- Corvus edithae Lort Phillips, 1895
- Corvus enca (Horsfield, 1821)
- Corvus florensis Büttikofer, 1894
- Corvus frugilegus Linnaeus, 1758
- Corvus fuscicapillus G. R. Gray, 1859
- Corvus hawaiiensis Peale, 1848
- Corvus imparatus J. L. Peters, 1929
- Corvus insularis Heinroth, 1903
- Corvus jamaicensis Gmelin, 1788
- Corvus kubaryi Reichenow, 1885
- Corvus leucognaphalus Daudin, 1800
- Corvus levaillantii Lesson, 1831
- Corvus macrorhynchos Wagler, 1827
- Corvus meeki Rothschild, 1904
- Corvus mellori Mathews, 1912
- Corvus minutus Gundlach, 1852
- Corvus moneduloides Lesson, 1831
- Corvus nasicus Temminck, 1826
- Corvus orru Bonaparte, 1850
- Corvus ossifragus A. Wilson, 1812
- Corvus palmarum Württemberg, 1835
- Corvus rhipidurus Hartert, 1918
- Corvus ruficollis Lesson, 1831
- Corvus sinaloae L. I. Davis, 1958
- Corvus splendens Vieillot, 1817
- Corvus tasmanicus Mathews, 1912
- Corvus torquatus Lesson, 1831
- Corvus tristis Lesson & Garnot, 1827
- Corvus typicus (Bonaparte, 1853)
- Corvus unicolor (Rothschild & Hartert, 1900)
- Corvus validus Bonaparte, 1850
- Corvus violaceus Bonaparte, 1850
- Corvus woodfordi (Ogilvie-Grant, 1887)
Galería dalgunhas especies galegas
editar-
Corvo grande
(Corvus corax) -
Corvo cincento
(Corvus cornix) -
Corvo pequeno
(Corvus corone) -
Gralla grande
(Corvus frugilegus)
Notas
editar- ↑ corvo no Dicionario da RAG.
- ↑ gralla, 1ª acepción no Dicionario da RAG.
- ↑ Barker, F. K.; Cibois, A.; Schikler, P.; Feinstein, J.; Cracraft, J. (2004). "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation". Proceedings of the National Academy of Sciences 101 (30): 11040–5. Bibcode:2004PNAS..10111040B. PMC 503738. PMID 15263073. doi:10.1073/pnas.0401892101.
- ↑ Holyoak, David T. (1986): Enciclopedia Natura de los Animales. Volume 4. Barcelona: Editorial Orbis S. A. ISBN 84-7634-548-8, páxina 443.
- ↑ Winkler, Robert (8 de agosto de 2002). "Crow Makes Wire Hook to Get Food". National Geographic. Consultado o 6 de febreiro de 2011.
- ↑ PBS video, ed. (24 de outbro de 2010). "A Murder of Crows". Nature. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2011.
New research indicates that crows are among the brightest animals in the world.
- ↑ "Crows as Clever as Great Apes, Study Says". National Geographic News. NG Society. 9 December 2004. Consultado o 9 de abril de 2019.
Emery and Clayton write, «These studies have found that some corvids are not only superior in intelligence to birds of other avian species (perhaps with the exception of some parrots), but also rival many nonhuman primates.»
- ↑ páxina 105.
- ↑ Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ: impensis direct. Laurentii Salvii.
- ↑ Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
- ↑ Corvus Linnaeus, 1758 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corvus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corvus |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Corvus |
Bibliografía
editar- Burton, Maurice; Burton, Robert (2002). "Crow". The international wildlife encyclopedia, Volume 10. Marshall Cavendish. ISBN 978-0-7614-7266-7.
- Gill, B. J. (2003). "Osteometry and Systematics of the Extinct New Zealand Ravens (Aves: Corvidae: Corvus)". Journal of Systematic Palaeontology 1: 43–58. doi:10.1017/S1477201903001019. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 14 March 2008.
- Goodwin, D. (1983). Crows of the World. Queensland University Press. ISBN 978-0-7022-1015-0.
- Heinrich, Bernd (1991). Ravens in Winter. Vintage Press. ISBN 978-0-6797-3236-5.
- Heinrich, Bernd (1999). Mind of the Raven: Investigations and Adventures with Wolf-Birds. Cliff Street Books. ISBN 978-0-0609-3063-9.
- Kilham, Lawrence (1991). The American Crow and the Common Raven. Texas A&M University Press. ISBN 978-0-8909-6466-8.
- Madge, Steve; Burn, Hillary (1994). Crows and jays: a guide to the crows, jays, and magpies of the world. Houghton Mifflin. ISBN 978-0-3956-7171-9.
- Westerfield, Michael (2011). The Language of Crows: The crows.net Book of the American Crow. Ashford Press. ISBN 978-0-9379-9200-5.
- Worthy, Trevor H.; Holdaway, Richard N. (2002). The Lost World of the Moa: Prehistoric Life of New Zealand. Indiana University Press. ISBN 978-0-2533-4034-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
- Alan P. Peterson: Corvus en Passeriformes.
- Corvus Linnaeus 1758 na EOL.
- Corvus no NCBI.
- Corvus Linnaeus, 1758 no GBIF.