Plumaxe
A plumaxe[1] nas aves refírese ó conxunto de plumas que recobre o corpo destes animais. As plumas, ademais de formar a superficie sustentadora das ás e protexer o animal da auga e do frío, presentan outras funcións. Cando falamos de plumaxe en ornitoloxía, falamos dunha determinada característica nas distintas especies; de feito, cada especie e subespecie de ave presenta unha plumaxe diferente, atendendo a patróns tan concretos como o modelo de plumas, a disposición das mesmas sobre o animal e a cor destas. A plumaxe emprégase polo tanto para identificar, distinguir e estudar os paxaros, achegando moita información específica sobre cada individuo, xa que dentro de cada especie e subespecie a plumaxe tamén adoita variar entre as diferentes idades, sexos e estacións do ano, e mesmo pode ser indicador de doenzas.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plumaxe.