Corvo cincento

ave da familia dos córvidos

O corvo cincento,[3][4] Corvus cornix, é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 46 actualmente recoñecidas dentro do xénero Corvus,[5][6] propia da Europa occidental e da Asia oriental.

Corvo cincento
Corvus cornix

Corvus cornix
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1][2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Corvus
Especie: C. cornix
Nome binomial
Corvus cornix
Linnaeus, 1758
Área de distribución do corvo cincento
Área de distribución do corvo cincento

Área de distribución do corvo cincento
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

É tan semellante en morfoloxía e hábitos ao corvo pequeno (Corvus corone), que durante moitos anos a maioría das autoridades consideráronos como variedades xeográficas da mesma especie. Observouse, ademais, hibridación onde as súas áreas de distribución se solapan, engadido peso a este punto de vista. Porén, desde 2002, o corvo cincento foi elevado, de novo, ao estado de especie distinta despois dunha observación máis minuciosa; ademais da notábel diferenza da coloración da plumaxe, demistrouse a escasa viabilidade xenética dos híbridos.[7][8]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[9] nas páxinas 105-106 do volume primeiro da súa obra, co nome de Corvus cornix.[10] nome que, a día de hoxe, se considera válido.

Etimoloxía editar

Para a do xénero, véxase Corvus.

O epíteto específico, corone, Linneo tomouno do latín corone, que significa "choia", "gralla".[11]

Sinonimia e nota taxonómica editar

Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, e durante moitos anos, a especie foi coñecida como:[12][13]

Subespecies editar

A maioría dos autores recoñecen na especie as subespecies seguintes:[14]

  • Corvus cornix Linnaeus, 1758
    • Corvus cornix capellanus P. L. Sclater, 1877
    • Corvus cornix cornix Linnaeus, 1758
    • Corvus cornix pallescens (Madarász, 1904)
    • Corvus cornix sharpii Oates, 1889

Características editar

Mide de 46 a 47 cm de lonxitude,[3][15] e unha envergadura alar de 84 a 100 cm.[16] É unha ave inconfundíbel pola coloración da súa plumaxe, coa rexión dorsal e as partes inferiores de cor gris cincenta, e a cabeza, a gorxa, as ás, a cola e as patas negras,[3][15] o que a distingue da súa próxima parente a choia de bico negro. Ambos os sexos son similares.[3]

Hábitat e distribución editar

Habita en chairas arboradas abertas, páramos e zonas bocosas, arboredas de zonas agrícolas e mesmo en grandes paques de pequenas cidades.[16]

De distribución paleártica, atópase en toda a Europa do norte, do leste e do sueste, Ruisa occidental, Turquía, así como noutas parte do Oriente Próximo.[3]

Na Península Ibérica, antes de 1999, había unhas poucas citas no norte (Cataluña, Galicia, Asturias, Burgos) e en Portugal (nas proximidades de Porto e de Lisboa). De Juana (2006) presentou catro rexistros homologados polo Comité de Rarezas de SEO/BirdLife International, tres en Cataluña e un en Galicia, todos na primavera.[17]

A partir de 2007 aumentaron as citas en Cataluña pero, especialmente desde 2013, iníciase un proceso continuo de expansión por toda a xeografía peninsular: Asturias, Cantabria, Galicia, Navarra, Castela e León, Madrid, Murcia, Andalucía, Illas Baleares, que culminou coa primeira nidificación segura en El Prat de Llobregat (Barcelona) en 2017.[18]

Bioloxía editar

 
Picando nunha bolsa de lixo para remexer nela en busca de comida.
 
Niño con ovos.

Hábitos editar

En costumes e hábitat aseméllase ao corvo pequeno. É unha ave tímida, e vixiante, na maioría dos países onde se acha, porque é perseguida, pero en zonas onde non se a molesta é atrevida. Ademais, pode verse en pobos e nas aforas de cidades non moi grandes.[16]

Voo editar

Voa baixo, e o seu voo parece apático, mesmo case descoidado, batendo as ás de xeito algo vacilante e sen graza, contrastando cos do corvo pequeno, máis resoltos e algo máis profundos. Ás veces voa a grande altura, en bandadas xeralmente laxas. Non adoita planar.[16]

Alimentación editar

Como outros córvidos, é omnívoro, e máis oportunista ca outras especies, roubando nos niños doutras aves, comendo refugallos (que mesmo busca nas bolsas de lixo), ovos, sementes, preas, insectos e outros invertebrados, en campos cultivados e costas mariñas (incluso apaña pequenos peixes, mexillóns e outros moluscos).[16]

Reprodución editar

Constrúe niños abertos, máis lixeiros que os do corvo pequeno, fabricados con paus e situados en gallas de árbores o grandes arbustos, xeralmente ben agochados. Nel a femia pon de catro a seis ovos en cada niñada, desde marzo a xullo.[16]

En Galicia editar

A presenza do corvo cincento en Galicia é accidental.[3][4]

Status editar

Segundo a UICN e máis o British Trust of Ornithology o estado de conservación da especie está cualificado como LC (pouco preocupante).[1][2]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2017): Corvus cornix na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultado o 12 de agosto de 2019.
  2. 2,0 2,1 Hooded Crow Corvus cornix Linnaeus, 1758 en BTO. BirdFacts. Consultado o 12 de agosto de 2019.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Penas Patiño et al. 1991, p. 286.
  4. 4,0 4,1 Penas Patiño et al. 2004, p. 286.
  5. Corvus Linnaeus 1758 en Familia Corvidae, na IOC World Bird List. Version 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  6. Corvus Linnaeus, 1758 no ITIS.
  7. Parkin, David T. (2003). "Birding and DNA: species for the new millennium". Bird Study 50 (3): 223–242. doi:10.1080/00063650309461316. 
  8. Poelstra, Jelmer W.; Vijay, Nagarjun; Bossu, Christen M.; et al. (2014). "The genomic landscape underlying phenotypic integrity in the face of gene flow in crows" (PDF). Science 344 (6190): 1410–1414. ISSN 0036-8075. PMID 24948738. doi:10.1126/science.1253226.  Véxase tamén: Jelmer Poelstra (3013): "The Genetics of Speciation and Colouration in Carrion and Hooded Crows".
  9. Linnaeus, C. (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. (en latín). Holmiae. (Laurentii Salvii). pp. 105–106. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2019. C. atro-caerulescens, cauda rotundata: rectricibus acutis. 
  10. páxinas 105-106 do Sys. Nat.,
  11. Simpson, D. P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (5ª ed.). London: Cassell Ltd. p. 153. ISBN 978-0-3045-2257-6. 
  12. Wikispecies.
  13. Vere Benson, S. (1972). The Observer's Book of Birds. London: Frederick Warne & Co. Ltd. ISBN 978-0-7232-1513-4. 
  14. Corvus cornix Linnaeus, 1758 no ITIS.
  15. 15,0 15,1 Bruun & Singer 1971, p. 218.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 Svensson & Grant 2001, p. 336.
  17. De Juana 2006.
  18. La expansión de la corneja cenicienta (Corvus cornix), una rareza en España en siguiendoaves.wordpress.com, 27 de marzo de 2018.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar