Abrir o menú principal

Cociente intelectual

valor numérico resultante dun test estandarizado para medir as habilidades cognitivas dunha persoa
(Redirixido desde "Coeficiente intelectual")

O coeficiente intelectual ou cociente intelectual (abreviado CI ou, en inglés, IQ) é un valor numérico que resulta da realización dun test estandarizado para medir as habilidades cognitivas dunha persoa ("intelixencia") en relación co seu grupo de idade.

Exprésase de forma normalizada para que o CI medio nun grupo de idade sexa 100, é dicir, unha persoa cun CI de 115 está por riba da media entre as persoas da súa idade. O máis normal é que o desvío estándar (σ) dos resultados sexa de 15 ou 16, e os tests deséñanse de xeito que a distribución dos resultados sexa aproximadamente a distribución normal ou gaussiana, isto é, que seguen a curva de campá.

As puntuacións nun test dado e nunha poboación dada tenderon a subir ao longo da historia dos tests de CI (o efecto Flynn), así que estes tests requiren unha renormalización continuada de se desexar manter os estándares anteriores.

Os superdotados son aqueles que se atopan dúas sigma por riba da media.

Véxase taménEditar

Artigos relacionadosEditar


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.