Corvo pequeno
O corvo pequeno[1][2] (Corvus corone), corvo común,[3] choia[4] é unha ave da familia dos córvidos. Posúe unha testa ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa.
Corvo pequeno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvus corone corone
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Corvus corone Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución Corvus corone
|
Aínda que poden hibridar con Corvus cornix producindo descendencia fértil, últimos estudos (de 2003) levaron a consideralas especies diferentes, debido á notable diferenza de cor na plumaxe, así como á escasa viabilidade xenética dos híbridos.
A súa voz é forte, áspera, con fondo metálico.
O seu niño está composto de paus, máis livián có da gralla cereixeira, faino en árbores ou arbustos. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo.
Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en praderías con esterco.
............. |
Galería de imaxes
editar-
Cranio
-
C. corone
-
Distribución mundial
-
Corvus corone corone
Mitoloxía
editarPara evitar que Cronos devorase ó seu sexto fillo, Zeus, tal como xa fixera cos anteriores, Rea pariuno agochada nunha cova da illa de Creta. Alí deixouno a criar baixo o coidado das ninfas e os Curetes e foi alimentado con mel e ambrosía. Houbo un home, Céleo, que quixo roubar o mel sagrado, e Zeus castigouno transformándoo nun corvo pequeno.[6]
Notas
editar- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Dicionario Digalego corvo Arquivado 11 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Choia.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do corvo viaraz. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 115. ISBN 84-7154-379-6.
- ↑ PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Alianza Editorial 3ª ed. 2016. Nota da tradutora Julia García Moreno (px. 54).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8 (en castelán).
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Corvo pequeno |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corvo pequeno |