Úrsula Heinze

escritora alemá

Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética.

Úrsula Heinze
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Úrsula Heinze (cropped).jpg
Nome completoÚrsula Heinze de Lorenzo
Nacemento18 de xuño de 1941
 Colonia
NacionalidadeAlemaña e España
Alma máterUniversidade de Colonia
Ocupaciónescritora, tradutora e escritora de literatura infantil
CónxuxeRamón Lorenzo
FillosAmaya Lorenzo Heinze
XénerosNarrativa e poesía
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.

Obtivo o Premio Merlín de literatura infantil en 1986 coa obra A casa abandonada. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o Premio Blanco Amor (1993) e o Premio Losada Diéguez (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende (Premio Ramón Cabanillas 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995). En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".[1]

ObraEditar

 
Úrsula Heinze nunha entrevista en 2017.

NarrativaEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

EnsaioEditar

  • Arredor da muller en 18 mundos (1985). Xerais.
  • Xente coma min (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478240227.
  • As chamadas linguas e literatura minoritarias (1991).
  • Mulleres (1991). Xerias. ISBN 9788475075150. Semblanzas de 8 mulleres.
  • Fronteiras da alofonía, do alemán ó galego (1993).
  • ... e os domingos, un croissant (2015). Alvarellos.

PoesíaEditar

  • Versos de terras distantes (1995).
  • Credo: Gedichte = Poemas (1999). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[5]
  • Torso: Gedichte = Poemas (2002). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[6]
  • Nadir: Gedichte = Poemas (2005). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[7]
  • Nur meer sein/Solamente sen mar (2005).
  • Na pel do insomnio (2008) Follas Novas.
  • Skyline (2008). Espiral Maior. Edición bilingüe con tradución ao galego da propia autora.[8]
  • Molto amoroso (2011) Follas Novas. Edición bilingüe.[9]
  • Escolma poética, 1997-2008 (2012). Universidade de Santiago de Compostela.

TraduciónEditar

Obras colectivasEditar

Obra en castelánEditar

TraduciónEditar

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Nicolás, Ramón (30/12/2018). "Delirios de pracer, de Ursula Heinze de Lorenzo". Caderno da crítica. Consultado o 22/1/2019. 
  2. "El sueñu perdíu d'Elvira M.". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 1/7/2019. 
  3. "Vinovata de Asasinat". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 1/7/2019. 
  4. Álvarez, Inés. "Vivencias de Úrsula Heinze en ‘Flashes’". El Correo Gallego. Consultado o 16/7/2020. 
  5. "Credo: Gedichte = Poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 1/7/2019. 
  6. "Torso". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 1/7/2019. 
  7. "Nadir: Gedichte = poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 1/7/2019. 
  8. "Skyline". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 1/7/2019. 
  9. "Molto amoroso (poemas/Gedichte)". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 1/7/2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar