Alvarellos Editora

editorial galega

Alvarellos Editora é unha pequena empresa editorial galega fundada en Lugo na primavera de 1977. Publicou arredor de 400 títulos [1] e dende 2004 a súa sede está en Santiago de Compostela.

Alvarellos Editora
Tipoeditorial
Data de fundación1977
Fundador(es)Enrique Alvarellos
Director/aHenrique Alvarellos
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://alvarelloseditora.gal/
Facebook: alvarelloseditora Twitter: alvarellos_ed Instagram: alvarelloseditora Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O seu fundador, Enrique Alvarellos, puxo en marcha esta empresa a partir da imprenta da súa propiedade aproveitando o rexurdimento das letras galegas que se producía co fin do franquismo. Naceu coa idea de lle dar a oportunidade de publicar aos escritores noveis e a súa primeira edición foi a novela Botei corenta anos, da autoría do fundador. Na década de 1990 especializouse en edicións de luxo de facsímiles dos séculos XVIII e XIX.

Dende 2004 dirixe a editorial Henrique Alvarellos, fillo de Enrique Alvarellos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar