Premio Ramón Cabanillas de Tradución

O premio Ramón Cabanillas de Tradución foi un galardón literario[1] creado pola Xunta de Galicia en 1989[2] (dotado con 500.000 pesetas[3]) e cancelado en 1996 por "desinterese dos responsables da Administración autonómica".[4]

Algúns gañadores do premio foron Benigno Fernández Salgado polo Diario de Eva de Mark Twain (Positivas, 1992) ou Xela Arias por O derradeiro dos mohicanos (Xerais, 1993).

Gañadores editar

Edición Ano[5] Tradutor Obra Autor
Primeira 1989 Gonzalo Navaza O can dos Baskerville Arthur Conan Doyle
Segunda 1990 Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze O ponche dos desexos Michael Ende
Terceira 1991 Valentín Arias O estranxeiro Albert Camus
Cuarta 1992 Xavier Rodríguez Baixeras O deserto dos tártaros Dino Buzzati
Quinta 1993 Benigno Fernández Salgado Diario de Eva Mark Twain
Sexta 1994 (ex-aequo) Xela Arias
Darío Xohán Cabana
O derradeiro dos mohicanos
Vida nova
James Fenimore Cooper
Dante Alighieri

Notas editar

  1. "Análise da tradución literaria cara ao galego. Fitos e tendencias nos primeiros anos do século XXI" por Ana Luna Alonso en Lingua e Tradución IX Xornadas sobre Lingua e Usos, Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 2013.
  2. Orde do DOG nº 120 do 23/06/1989.
  3. DOG Arquivado 12 de marzo de 2017 en Wayback Machine. do 22 de febreiro de 1993. p.5.
  4. Concha M. Mayo "Recensión de Viceversa, Revista galega de traducción" Arquivado 08 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Cadernos de Lingua: primeiro semestre de 1997, p. 155, Real Academia Galega.
  5. Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar