Xosé Cribeiro
Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1936 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1995, foi un escritor galego.
Xosé Cribeiro | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1936 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 2 de maio de 1995 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Soterrado | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dos mestres Pío Cribeiro González e Regina Rodríguez Bares, o pai fixo de bibliotecario no local que o Partido Galeguista tiña en Pontevedra e sufriu represalias aínda que non chegou estar no cárcere (foi suspendido de emprego e soldo varios anos). A familia trasladouse ao Morrazo e Xosé fixo o bacharelato en Pontevedra e Marín. Estudou Dirección no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. En 1959 foi premiado nas Festas Minervais de Santiago. Nos anos 60 trasladouse a Vigo, fundou o Cine Club Vigo, colaborou na prensa e foi activo militante do PCE. No ano 1962 casou con Concepción de Unamuno Adarraga, neta do escritor e filósofo vasco Miguel de Unamuno. Traballou en TVE e foi unha tempada director do centro de TVE en Galicia, cargo do que dimitiu a consecuencia da polémica xerada arredor da retransmisión do enterro de Castelao en 1984.[1]
ObraEditar
PoesíaEditar
- Acoitelado na espera, 1960, Brais Pinto (premiado en 1959 pola Unidade Galega de Nova York)
- Doente espranza, 1962 e Indo pra máis perto, 1979, publicados neste último ano por Akal.
- A señardade no puño, 1996, Espiral Maior.
NotasEditar
- ↑ Cribeiro, Xosé Alexandre (2004). "Introducción". Indo para máis perto - A señardade no puño (Edición de Miro Villar). Xerais.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Cribeiro |
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-139-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.