De Pondal a Novoneyra

De Pondal a Novoneyra é un libro de consulta, de biografías e crítica literaria, de referencia para o estudo da poesía galega contemporánea, obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado no ano 1984 por Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Xerais Universitaria.

De Pondal a Novoneyra
poesía galega posterior á guerra civil
Título orixinalDe Pondal a Novoneyra
Autor/aX. L. Méndez Ferrín
Ilustrador/anon contén ilustracións
Lingualingua galega
ColecciónXerais Universitaria
Tema(s)poesía
Xénero(s)ensaio, obra de consulta, biografías, crítica literaria
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.1984
Formato13 x 21 cm
Páxinas318
ISBNISBN 84-7507-139-2
Precedido porAmor de Artur, 1982, Xerais.
Seguido porArnoia, Arnoia, 1985, Xerais.
Editornon consta
editar datos en Wikidata ]
…ven constituir a meirande contribución á historia da lírica galega contemporánea, amais de que algúns dos estudios contidos nel deixan de seren simplemente capítulos dun magnífico manual para se convertiren en auténticos estudios monográficos sobre das figuras senlleiras da nosa recente historia literaria. [sic]

— contraportada

Contido

editar
Á memoria de Xosé Ramón Reboiras e de Xosé Humberto Baena, meus alumnos de literatura nas aulas do Instituto "Santa Irene", mortos na Resistencia Antifascista.
Na lembranza do brillo dos seus ollos e da grandeza do seu espírito.

—  p. 6.

A escola formalista (pp. 21-30)

Eduardo Pondal
Aurelio Ribalta
Florencio Vaamonde
Manuel Lugrís Freire

Alberto García Ferreiro
Evaristo Martelo Paumán
O Marqués de Figueroa
Manuel Leiras Pulpeiro
Francisco Tettamancy

Antre dous séculos (pp. 31-38)

Antonio Noriega Varela
Francisca Herrera Garrido
Ramón Cabanillas
Gonzalo López Abente
Xerardo Álvarez Limeses
Francisco Álvarez de Nóvoa

A Xeración Nós (pp. 39-49)

Xoán Vicente Viqueira
Ramón Otero Pedrayo
Victoriano Taibo
Antón Zapata
Roberto Blanco Torres

A Xeración de 1925 (pp. 51-67)

Luís Pimentel
Manuel Antonio
Luís Amado Carballo [1]
Fermín Bouza-Brey
Ánxel Johán

Os poetas da Xeración de 1936 (pp. 69-210)

María Mariño
Emilio Pita
Xosé María Castroviejo
Luis Seoane
Ricardo Carballo Calero
Xosé Díaz Jácome
Ernesto Guerra da Cal
Juan Pérez Creus
Manuel Casado Nieto
Ramón María
Eduardo Moreiras
Xosé Rubia Barcia
Xosé María Álvarez Blázquez
Teodoro Morgade
Miguel González Garcés
Lorenzo Varela
Anne Marie Morris
Manoel Fabeiro Gómez
Manuel Lueiro Rey
Roberto Martínez de Andrade
Pura Vázquez
José Conde
Emilio Álvarez Blázquez
Luis Iglesias de Souza
Xosé Fariña Jamardo

A Promoción de Enlace (pp. 211-253)

Ramón González-Alegre
Faustino Rey
Antón Tovar
Tomás Barros
Luz Pozo Garza
Xavier Costa Clavell
Eliseo Alonso
Cuña Novás
María Carmen Kruckenberg
Xosé Neira Vilas
José Ángel Valente
Manuel Blanco Mariño
Antón Santamarina Delgado

A Xeración das Festas Minervales (pp. 255-302)

Manuel María
Novoneyra
Xohana Torres
Xosé Fernández Ferreiro
Manuel Álvarez Torneiro
Abuín de Tembra
Bernardino Graña
Manuel Rodríguez López
Avilés de Taramancos
Ramón Lorenzo
Salvador García-Bodaño
Xosé Alexandre Cribeiro
X.L. Franco Grande

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar