Dámaso Alonso Fernández de las Redondas, nado en Madrid o 22 de outubro de 1898 de pai de Ribadeo e nai de Castropol[1] e finado o 25 de xaneiro de 1990, foi un escritor, crítico literario e filólogo español. Membro da xeración do 27 e Premio Miguel de Cervantes 1978.

Dámaso Alonso
Nacemento22 de outubro de 1899
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento25 de xaneiro de 1990
Lugar de falecementoMadrid
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid, Universidade Complutense de Madrid e Our Lady of Remembrance College
Ocupaciónpoeta, escritor, filólogo, lingüista, profesor universitario, tradutor, crítico literario e romanista
CónxuxeEulalia Galvarriato
PremiosPremio Miguel de Cervantes, Premio Nacional de Poesía, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Premio Fastenrath, honorary doctorate of the National University of San Marcos, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú, Doutor honoris causa pola universidade de Hamburgo, Honorary doctor of the University of Oxford e honorary doctor of the University of Freiburg
Na rede
Dialnet: 82936 Find a Grave: 7752884 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Dámaso Alonso estudou dereito, filosofía e literatura antes de entrar no Centro de Estudios Históricos dirixido por Ramón Menéndez Pidal, tomou parte nas actividades da Residencia de Estudiantes, onde coñeceu a Federico García Lorca, Luis Buñuel, José Bello e Salvador Dalí; Alonso escribiu nas revistas literarias La Revista de Occidente e Los Catro Vientos, deu clases de español en numerosas universidades estranxeiras e dende 1933 foi catedrático na Universidade de Valencia ata que en 1939 pasou á Universidade de Madrid, onde comparte exilio interior co seu amigo Vicente Aleixandre. Membro da Real Academia Española dende 1945, foi o seu director entre 1968 e 1982.

Obra Editar

Os seus primeiros poemarios considéranse obra de xuventude, con escaso mérito literario (Poemas puros e Poemillas de la ciudad en 1921 e El viento y el verso en 1925).

Hijos de la ira (1944) contribuíu a abrir novos camiños á poesía española da posguerra. Dámaso expresa unha visión desgarrada e sombría da condición humana, para o que utiliza longos versículos e unha linguaxe violenta e mesmo vulgar.

Como estudoso da literatura, Alonso revolucionou o estudo da poesía barroca española, particularmente o traballo de Luis de Góngora, do que fixo unha edición crítica das súas Soledades da que a súa data de publicación, 1927, dá nome á xeración do 27.

Relación de obras:

  • Poemas puros
  • Poemillas de la ciudad
  • El viento y el verso
  • Hijos de la ira
  • Hombre y Dios
  • Gozos de la vista
  • Duda y amor sobre el Ser Supremo

Dámaso Alonso e o galego Editar

Dámaso Alonso investigou o galego que se fala nos Ancares e nos Ozcos, e foi o primeiro filólogo en clasificar a fala de entre Eo e Navia como galega, aínda que a denominou co termo de galego-asturiano.

Entre os seus traballos sobre o galego destacan Junio y Julio entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946), Enxebre (1947), Gallego-asturiano 'engalar', 'volar'. Casos y resultados de velarización de n en el dominio gallego (1954), El gallego-leonés de los Ancares y su interés para la dialectología portuguesa (1959), Narraciones orales gallego-asturianas (1969)

Mantivo unha certa relación con Ribadeo.

Notas Editar

  1. Conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017)

Véxase tamén Editar