Daniel Chapela
Daniel Durán Chapela, coñecido como Daniel Chapela, nado en Bueu en 1999, é un estudante de filoloxía e político galego do PPdeG.
Daniel Chapela | |
---|---|
Nacemento | 1999 |
Lugar de nacemento | Bueu |
Nacionalidade | España |
Ocupación | estudante e político |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou o bacharelato no Instituto de Bueu, e nesa etapa foi encargado da Axencia de Lectura de Meiro.[1] Iniciou os estudos de Dereito na Universidade de Vigo mais, ao rematar o segundo curso, abandonounos para facer Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Forma parte do claustro da USC en representación do estudantado.
É fundador, xunto con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira, da asociación cultural O Arquivo das Trasnas, que organizou as xornadas "Literatura nas marxes. A creación alén do canon"[3][2] e "Id’ a San Momed’. Xornadas de poesía e mar".[4] Participou na produción do documental Xela Arias. Poeta nas marxes.[5]
Foi elixido coordinador de Cultura do PPdeG no congreso de maio de 2022.[6][7] En outubro de 2022, asumiu a dirección da revista Dorna en substitución de Ramón Lorenzo.[8]
NotasEditar
- ↑ Hermida, María (11/11/2016). "Daniel, un superviviente que estudia, trabaja y es bibliotecario a los 17" La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Hermida, María (3 de outubro de 2021). "O milagre de Daniel; o rapaz que se coidou só e agora é un home de letras". lavozdegalicia.es. Consultado o 14 de outubro de 2022.
- ↑ "Las jornadas 'Literatura nas marxes' analizarán la figura de la mujer, la maternidad y el tratamiento LGBTIQ+" (11/3/2021). europapress (en castelán).
- ↑ García, David (2022-06-07). "Poesía e mar en Sanamedio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-01-14.
- ↑ Pin, Irene (15/01/2021). "O documental 'Xela Arias, poeta nas marxes' verá a luz en abril deste ano". Nós Diario. Consultado o 14/01/2023.
- ↑ García, David (24/5/2022). Daniel Chapela, o novo brazo de Alfonso Rueda en Bueu: “Vou dar todo de min pola nosa cultura e lingua” Faro de Vigo.
- ↑ Núñez, Verónica (22/8/2022). Daniel Chapela: "Temos tarefas pendentes para achegarlle a lingua á mocidade" Diario de Pontevedra.
- ↑ A Xunta sitúa o coordinador de Cultura do PP á fronte da histórica revista 'Dorna'