Ismael Ramos
Ismael Ramos Castelo, nado na Picota (Mazaricos) o 8 de abril de 1994, é un poeta e escritor galego.
Ismael Ramos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de abril de 1994 |
A Picota | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Lingua | galego |
Xéneros | poesía |
Premios | Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández e Premio Johán Carballeira |
Na rede | |
https://otristestephen.tumblr.com/ | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Dende 2020 é profesor de Lingua Castelá e Literatura no ensino público.[1]
É autor da plaquette Hábitat/Interferencias[2] (XVI Premio Francisco Añón, 2013), do diálogo A ferida (2013, con María do Cebreiro), do libro de contos A parte fácil (Xerais, 2023) e de tres poemarios: Os fillos da fame (XVIII Premio Johán Carballeira,[3] 2016), Lumes (2017) e Lixeiro (2021).
Os seus poemas foron traducidos ao español, inglés, italiano, finés, húngaro, francés e portugués e participou en encontros e festivais nacionais e internacionais. Na rede, mantivo os blogs Interferencias[4] e O triste Stephen.[5]
Fixo parte do consello de redacción da revista Dorna entre 2015 e 2022.
En 2020 gañou o Premio Javier Morote, outorgado por CEGAL á mellor obra publicada por un autor novo, coa tradución ao castelán de Lumes.
Dende agosto do 2021 escribe artigos de opinión no xornal en liña eldiario.es [6].
En outubro de 2022 foi recoñecido co Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes.
Obra Editar
Poesía Editar
- Hábitat/Interferencias (Concello de Outes, 2013, edición non venal). Plaquette.
- Os fillos da fame (2016). Xerais.
- Lumes (2017). Apiario.[7][8]
- Lixeiro (2021). Xerais. 60 páxs. ISBN 978-84-9121-893-7. ePub: ISBN 978-84-9121-897-5.[9][10][11]
Narrativa Editar
- A parte fácil (2023). Vigo: Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-1110-257-5. Relatos.[12][13]
Traducións ao castelán Editar
- Fuegos (2019). Madrid: La Bella Varsovia.
- Ligero (2021). Madrid: La Bella Varsovia.
Traducións ao portugués Editar
- Fogos (2022). Coímbra: Do lado esquerdo.
Obras colectivas Editar
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (Editorial Bubela, 2013). Poesía.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos Clube de Lectores, 2015). Poesía.
- No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.
- 13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2018, 15ª edición). Poesía.
- Piel fina. Joven poesía española (Ediciones Maremagnum, 2019). Poesía.
Premios Editar
- XVI Premio Francisco Añón (2012).
- Premio Xuventude Crea de poesía (2014).
- XVIII Premio Johán Carballeira (2015).
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2016 por Os fillos da fame (2017).
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2017 por Lumes (2018).
- Premio Fervenzas Literarias ao Autor do ano 2017 (2018).
- Premio ao mellor libro editado en 2017 na Gala do Libro Galego por Lumes (2018).
- Premio Javier Morote 2020 pola tradución do seu libro Lumes (2017), Fuegos (2019).[14]
- Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey 2022 polo artigo de opinión “Mentres tanto, dáme a man”.[15]
- Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2022 por Lixeiro.[16]
Notas Editar
- ↑ "oposicions". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-07-20.
- ↑ El Correo Gallego. "Hábitat/Interferencias". Arquivado dende o orixinal o 15/11/2017. Consultado o 06/05/2015.
- ↑ "Ismael Ramos gaña o Johán Carballeira de poesía". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 02 de maio de 2015.
- ↑ In-ter-ferencias
- ↑ O triste Stephen
- ↑ "Ismael Ramos". www.eldiario.es. Consultado o 2021-11-12.
- ↑ fuegos.
- ↑ "Fuegos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-10.
- ↑ "Ficha do libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-12.
- ↑ Varsovia, La Bella. "Novedad: Ligero, de Ismael Ramos". Consultado o 2021-11-12.
- ↑ Porto, Lorena (xaneiro, febreiro, marzo, 2023). "O derradeiro intre". Grial LXI (237): 94–95. ISSN 0017-4181.
- ↑ Salgado, Daniel (2023-03-07). "Ismael Ramos, sobre su primer libro de narrativa: “Mis personajes nunca sienten lo correcto en el momento adecuado”". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-03-08.
- ↑ Fernández Lorenzo, Rafael (abril, maio, xuño 2023). "Personaxes secundarias coas que calquera querería casar". Grial LXI (238): 81–82. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Fallados los Premios Las Librerías Recomiendan 2020". Las Librerías Recomiendan (en castelán). Consultado o 2021-11-12.
- ↑ Diario, Nós (2022-05-25). "Mentres tanto dáme a man". Nós Diario. Consultado o 2022-05-26.
- ↑ Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven 'Miguel Hernández' 2022
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ismael Ramos |