María do Cebreiro
María do Cebreiro Rábade Villar, nada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976,[1] é unha poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura.
María do Cebreiro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xullo de 1976 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta, tradutora, profesora universitaria e escritora |
Pai | Xesús Rábade Paredes |
Nai | Helena Villar Janeiro |
Irmáns | Abe Rábade |
Xéneros | Poesía e ensaio |
Estudos | Filoloxía Hispánica, doutora en Teoría da Literatura |
Premios | Accésit do XXI Premio Esquío de poesía en lingua galega en 2001 por Nós, as inadaptadas. Premio de poesía Caixanova en 2003 por Non queres que o poema te coñeza. |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes e irmá do pianista Abe Rábade. En 1998 licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en Teoría da Litertura, investigadora e profesora Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
En 1998 viu a luz o seu primeiro libro de poemas O estadio do espello. Seguírono (nós, as inadaptadas) (2002, accésit do XXI Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega), Non queres que o poema te coñeza (2004, galardoado co II Premio de poesía Caixanova 2003), O barrio das chinesas (2005), Os hemisferios (2006), Cuarto de outono (2008), Non son de aquí (2008), Os inocentes (2014), O deserto (Premio da Crítica de poesía galega e Premio da Crítica Galicia en Creación Literaria, 2015), A lentitude (2017) e Soños. Arquivos. Cartas (2018).
En 2004 acadou o Premio de Investigación Dámaso Alonso coa obra As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña, extraída da súa tese de doutoramento Aproximación teórica ó fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espacio (2004), na que ensaia unha teoría das antoloxías poéticas no contexto literario peninsular, e máis especificamente nas sociedades galega e catalá contemporáneas. No ano 2005 publica As terceiras mulleres, ensaio trazado ao redor da nova maneira de entender a representación da subxectividade feminina e a creación artística feita por mulleres. Xa en 2011 ve a luz Fogar impronunciable. Poesía e pantasma onde reflexiona sobre a desaparicion e a literatura como un dos medios de representación histórica.
Coordinou as escolmas A poesía é o gran milagre do mundo (2001), mostra de poesía galega contemporánea traducida ao inglés, e Damas negras (2002), antoloxía e tradución ao galego de letras de cancións cantadas por mulleres.
En 2016 gañou o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015 por O deserto (Apiario, 2015).
ObraEditar
PoesíaEditar
- O estadio do espello (Xerais, 1998).
- (nós, as inadaptadas) (Sociedade de cultura Valle-Inclán, 2002).
- Non queres que o poema te coñeza (PEN Clube de Galicia, 2004).
- O barrio das chinesas (O Correo Galego, 2005).
- Os hemisferios (Galaxia, 2006).
- Cuarto de outono (Sotelo Blanco, 2008).
- Non son de aquí (Xerais, 2008). Traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira como I Am Not from Here.[2][3]
- Poemas históricos (2010).
- O grupo (2011).
- A guerra (Barbantesa, 2013) xunto con Daniel Salgado.
- A ferida (2013) xunto con Ismael Ramos.
- Os inocentes (Galaxia, 2014).
- O deserto (Apiario, 2015). Traducido ao inglés.[4]
- A lentitude (Chan da pólvora, 2017).
- Soños. Arquivos. Cartas (Xerais, 2018).
- A herba de namorar (2019). Galaxia. ISBN 978-84-9151-394-0.
EnsaioEditar
- As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña (Universidade de Santiago de Compostela, 2004).
- As terceiras mulleres (Galaxia, 2005).
- Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (Galaxia, 2011).
Antoloxías coordinadasEditar
- A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle (PEN Clube de Galicia, 2001).
TraduciónsEditar
- Damas negras: música e poesía cantada por mulleres (Xerais, 2002).
- Tres vidas, de Gertrude Stein (Galaxia, 2006).
Obras colectivasEditar
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (Letras de Cal, 1999).
- Mini-relatos, (Libraría Cartabón, 1999).
- Novas voces da poesía galega: recital (Consello da Cultura Galega, 2000).
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
- Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
- Avilés de Taramancos: A paixón pola terra (Consello da Xuventude de Galicia, 2004).
- Das sonorosas cordas (Eneida, 2005).
- X. Espazo para un signo (Xerais, 2005).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006).
- Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa (Portugalizando, 2007, Lisboa).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- To The Winds Our Sails (2010, Salmon Poetry). Tradución do galego ao inglés.
- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom (2011, S. C. D. Condado).
- Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance (2011). En inglés e galego.
- As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas).
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- A guerra (2013, Barbantesa). Con Daniel Salgado.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
- Participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 2014.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
- Relatos da Ulloa (2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis).
PremiosEditar
- Accésit do XXI Premio Esquío de poesía en lingua galega en 2001 por (nós, as inadaptadas).
- Gañadora do II Premio de poesía Caixanova en 2003 por Non queres que o poema te coñeza.
- Gañadora do VI Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica en 2004 por As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña
- Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015, por O deserto.
- Premio da Crítica Galicia de Creación literaria de 2015, por O deserto.
- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio de 2021, por Maternidades virtuosas.[5]
NotasEditar
- ↑ Pen Clube de Galicia, ed. (11 de abril de 2016). "María do Cebreiro Rábade". pengalicia.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2019.
- ↑ "I Am Not from Here". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Shearsman Books publica en inglés un poemario de María do Cebreiro" Arquivado 01 de maio de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 26 de abril de 2010.
- ↑ "The Desert". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "María do Cebreiro gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021". Editorial Galaxia. 2021-12-21. Consultado o 2021-12-21.