Xesús Rábade

profesor e escritor galego

Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un profesor e escritor galego.

Infotaula de personaXesús Rábade

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Seixas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHelena Villar Janeiro Editar o valor em Wikidata
FillosMaría do Cebreiro, Abe Rábade Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: xesus.rabadeparedes.7 Twitter: RabadeXesus Bitraga: 1358 AELG: 344 Dialnet: 1390478 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a traballar de carteiro e estivo un tempo en Berna (Suíza) traballando nos anos setenta[1]. Posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria nos IES Xelmírez e Rosalía de Castro.

Literariamente ten cultivado o ensaio, a narrativa e a poesía. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e figura na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. De 1992 a 1995 foi Coordinador Docente de Lingua galega.

Membro do colectivo de renovación poética Cravo Fondo, a súa obra foi antologada e traducida a varias linguas. É membro fundador do PEN Clube de Galicia.[2][3]

Está casado con Helena Villar Janeiro, sendo os pais da poeta María do Cebreiro Rábade e do músico de jazz Abe Rábade.

Ten usado o pseudónimo de Matalobos.[4]

Obra editar

Poesía editar

Narrativa editar

Ensaio editar

Edicións editar

Traducións editar

  • Los oscuros sueños de Clío, de Carlos Casares (1994). Alfaguara, Madrid. Do galego ao castelán.
  • La poesía erótico-amorosa en el Egipto faraónico, 1995, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Versión galega e nota introdutoria.
  • Mazurca para dous mortos, de Camilo José Cela, 1999, Xunta de Galicia.
  • Narrativa breve completa Carlos Casares, 2012, Libros del Silencio.

Obras colectivas editar

Obras con Helena Villar Janeiro editar

  • Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Premio Patronato Rosalía de Castro.[9]
  • Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Padroádego Rosalía de Castro. Para nenos.
  • Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 na Biblioteca 114. Narrativa.
  • O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía.
  • No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía.
  • Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Ediciós do Castro. Tradución.
  • Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
  • Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
  • Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004. Poesía.
  • Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.
  • Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
  • Dona e Don (2004). Vigo: Galaxia. 60 páxs. ISBN 978-84-8288-676-3. Literatura infanto-xuvenil.
  • Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
  • Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008 Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.

Outras obras colectivas editar

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal. Poesía.
  • Chile en el corazón/ Xile al cor/ Chile no corazón/ Txile bihotzean. Homenaje a Pablo Neruda, 1975, Península, Barcelona. Poesía.
  • Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
  • Antoloxía de poesía galega. Do posmodernismo aos novos, 1980, Galaxia.
  • Escolma da poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Edición de Xosé Lois García.
  • Literatura Século XX. Iniciación universitaria, 1985, Galaxia. Con María Victoria Moreno.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos. Ensaio.
  • Noiva azul, en Contos eróticos/Eles, 1990, Xerais. Narrativa.
  • Alba de auga, en O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Relato.
  • Proceso a don Nemesio Lapinio Tecedor, en Contos da xustiza, 1991, Ir Indo. Relato.
  • Homenaxe a Ramón Piñeiro, 1991, Fundación Caixa Galicia.
  • Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN, 1993, Xunta de Galicia/PEN Clube.
  • Sempre no Camiño, 1993, Hércules/Xacobeo. Poesía.
  • Voces en Compostela, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago. Narrativa.
  • Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico, 1994, Universidade de Santiago de Compostela. Ensaio.
  • Premios de poesía e novela curta Concello de Marín, 1995, Concello de Marín. Narrativa.
  • Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato.
  • Letras galegas 1998. As ermidas e o mar, 1998, Xunta de Galicia. Poesía.
  • Congreso Literatura Galega e do Norte de Portugal, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • Congreso sobre Avilés de Taramancos, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • Congreso sobre Castelao, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • Xornadas sobre Manuel Antonio, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
  • 25 anos de poesía galega. 1975-2000, 2002, La Voz de Galicia. Poesía.
  • Francisco Fernández del Riego, 2002, Fundación Premios da Crítica. Poesía.
  • O libro dos abanos, 2002, Follas Novas. Poesía.
  • O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra. Poesía.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo, 2003, Poesía Frouseira, Barcelona. Poesía.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.
  • Retrincos de Vilalba e dos vilalbeses, 2005, Instituto de Estudos Chairegos. Poesía.
  • 37 poemas por man propia, 2006, Colección Bourel. Poesía.
  • Palavras de vento e de pedra, 2006, Município de Fundão, Portugal. Poesía.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia. Poesía.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
  • Voces na materia, 2006, A. C. Barbantia. Poesía.
  • VI Encontro Internacional de Poetas, 2007, Universidade de Coímbra. Poesía.
  • Poetas en Lugo, 2007, Concello de Lugo. Poesía.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. Poesía.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Poesía.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.

Bibliografía sobre o autor editar

  • Labras do oficio. Xesús Rábade Paredes ante 33 miradas, 2008, Fundación Manuel María.

Premios editar

  • Premio Padroádego Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Helena Villar Janeiro Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
  • Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por Morrer en Vilaquinte.
  • Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por No aló de nós.[Cómpre referencia]
  • Premio Manuel Antonio no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por O sangue na paisaxe.
  • Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa no 1991, por Branca de Loboso.
  • Premio Esquío de poesía no 1993, por Poldros de música.
  • Accésit do Premio Miguel González Garcés de poesía no 1999, por Os dedos dos loureiros.
  • Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por Como levar un morto.
  • Premio Blanco Amor de novela longa no 2007, por Mentres a herba medra [10].
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2013, por Sobre ruínas.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de poesía ou teatro de 2013, por Sobre ruínas.
  • Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2013, en conxunto con Helena Villar Janeiro.
  • Premio Gala do Libro e Premio Libro do Ano en 2019, por Memoria do corpo.

Notas editar

  1. "Xesús Rábade Paredes". pengalicia.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-18. 
  2. "Xesús Rábade Paredes". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2022. Consultado o 2022-04-28. 
  3. "Xesús Rábade Paredes Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-04-28. 
  4. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: r". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-07. 
  5. Con poemas en galego e poemas en castelán e prólogo de María Victoria Moreno.
  6. "El escritor Xesús Rábade Paredes publica "Os anos da memoria"". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-04-28. 
  7. Nicolás, Ramón (2018-08-14). "Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-28. 
  8. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  9. Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos.
  10. "Xesús Rábade Paredes gaña o Premio Blanco Amor con «Mentres a herba medra»". La Voz de Galicia. 28 de abril de 2007. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar