Xosé Chao Rego

teólogo e escritor galego


Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2015[1], foi un teólogo e escritor galego.

Infotaula de personaXosé Chao Rego
Biografía
Nacemento23 de abril de 1932 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de novembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRamón Chao Editar o valor em Wikidata

AELG: 250 Dialnet: 1452048

Traxectoria editar

Estudou filosofía en Salamanca e Madrid e teoloxía en Roma. Consagrouse sacerdote en 1956 na Basílica de San Pedro de Roma. Foi profesor do seminario de Mondoñedo e párroco de Santa Mariña do Vilar en Ferrol (1959-1976), tras secularizarse foi profesor de instituto en Vilalba e a partir de 1982 en Santiago de Compostela no Instituto Rosalía de Castro. Foi un dos propulsores das revistas Irimia e Encrucillada e do movemento de renovación cristiá e galeguismo que se artellou en torno a elas.

Como ensaísta, escribiu principalmente sobre teoloxía e antropoloxía social. A súa obra é ben extensa[2].

Foi irmán do escritor residente en Francia Ramón Chao. Desde 2002 foi socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde se lle distinguiu coa Letra E. Fillo adoptivo de Santiago de Compostela desde o 2004, unha rúa desta cidade leva o seu nome[3].

Obra en galego editar

Ensaio editar

  • As relacións Eirexa-Mundo en Galicia, Vigo, SEPT, 1972.
  • Introducción ao Xénesis, Vigo, SEPT, 1973.
  • Historia do pobo de Xesús: en procura da boa nova, 8 volumes, Ediciós do Castro, 1980-2000.
  • Eu renazo galego, Sada, Ediciós do Castro, 1983.
  • O misterio do lume, SEPT, 1985.
  • Para comprendermos Galicia, Vigo, Galaxia, 1987.
  • Camiñando a Compostela, Santiago de Compostela, Irimia, 1992.
  • A Meiga e os frades: lenda do pedregal de Irimia, Santiago de Compostela, Contos do Castromil, 1993.
  • ¿A onde vai a igrexa?, Santiago de Compostela, Irimia, 1994.
  • O libro da auga, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Sada, Ediciós do Castro, 1995.
  • Na fronteira do misterio: credo para xente non crédula, Vigo, SEPT, 1995.
  • ¿Por que nos sentimos culpables?, Vigo, SEPT, 1995.
  • Camiño verde: ecoloxismo e creación, Santiago de Compostela, Irimia, 1996.
  • Deus tenvos moita gracia: creo no divino humor, Santiago de Compostela, Irimia, 1997. Asinado como Pepe, o Chairego.
  • A condición homosexual, Vigo, Galaxia, 1999.
  • Prisciliano: profeta contra o poder, Vigo, A Nosa Terra, 1999.
  • O queixume das orixes e tres salaios máis, Noia, Toxosoutos, 2000.
  • Da Ceca á Meca. Diñeiro e profecía, Vigo, SEPT, 2001.
  • Itinerario da conciencia galega, Santiago de Compostela, Laiovento, 2001.
  • O relato hebraico. A Biblia contada dende a Lareira, A Coruña, 3C3, 2001.
  • O sexo, a muller e o crego, A Coruña, Espiral Maior, 2001.
  • Prisciliano, A Coruña, Baía Edicións, 2002.
  • Biblia popular galega, Vigo, Xerais, 2004.
  • O demo meridiano: lembranzas dun transgresor, Vigo, Xerais, 2004.
  • A muller ¡que cale! Raíces do antifeminismo, Santiago de Compostela, 3C3, 2004.
  • Remexer Roma con Santiago. O camiñar histórico da experiencia cristiá, Vigo, SEPT, 2004.
  • Por aquí chégase a Galicia, Santiago de Compostela, 3C3, 2012.
  • A humana fraxilidade, Santiago de Compostela, Irimia, 2013.

Obras colectivas editar

  • A parroquia hoxe, Xeira Nova, Galaxia 1970.
  • As relacións Eirexa-Mundo en Galicia, 1972, SEPT.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos.
  • O pensamento galego na historia (aproximación crítica), Santiago, USC, 1992.
  • Revisión de la comprensión cristiana de la sexualidad, Madrid, Nueva Utopia, 1998.
  • Manuel María, Ophiusa, 2001.
  • Conversa con Xosé Chao Rego: dende a Serra de Meira á Guarda mareira, de Daniel López Muñoz, Vigo, Xerais, 2002.
  • Un futuro para a lingua, Xunta de Galicia, 2002.
  • A homosexualidade a debate, Xerais, 2002.
  • Sobre o dereito a unha morte digna, Espiral Maior, 2005.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • El humanismo ateo en Jean-Paul Sartre. (tese de doutoramento). Madrid,1969.
  • La Iglesia que Franco quiso, Madrid, 1976.
  • Marcel Lefebvre, un integrismo histórico, Madrid, 1977.
  • El relato compostelano, Follas Novas-Montecasino, Zamora, 2001.
  • Iglesia y franquismo: 40 años de nacional-catolicismo (1936-1976), 3C3, 2007.
  • Iglesia y posfranquismo: 17 años de transición (1976-1992), 3C3, 2007.

Premios editar

Notas editar

  1. "Falece o escritor e teólogo Xosé Chao Rego aos 83 anos de idade", chío en Praza Pública, 28 de novembro de 2015.
  2. "Xosé Chao Rego". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 28-11-2015. 
  3. "Fallece en Santiago el teólogo Xosé Chao Rego". La Voz de Galicia (en castelán). 29-11-2015. Consultado o 22-3-2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar