Bautista Álvarez

político galego

Bautista Goyel Álvarez Domínguez, nado en Loucia (Las, San Amaro) o 30 de marzo de 1933 e finado en Beariz o 16 de setembro de 2017, foi un político galego de ideoloxía nacionalista.

Bautista Álvarez
Bautista Álvarez.jpg
Presidente da Unión do Povo Galego
Período1977–2008
SucesorVacante
Presidente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Período2004–2017
Membro do Consello Nacional do BNG
Período1981–2002
Deputado no Parlamento de Galicia
Período1981 (expulsado), 1989–2005
Datos persoais
Nacemento30 de marzo de 1933
 San Amaro, Galicia
Falecemento16 de setembro de 2017
 Beariz, Galicia
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
AfiliaciónsUnión do Povo Galego
ProfesiónPolítico e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Bautista Álvarez naceu en Loucia, pequena aldea da parroquia de Las, no concello de San Amaro. Foi o menor de tres irmáns dunha familia humilde. Aos 10 anos ingresou no Seminario de Ourense, onde estudou Humanidades e Filosofía. A principios da década dos 60 foi estudar a Madrid, onde fixo amizade entre outros con Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Fernández Ferreiro, fundadores do grupo Brais Pinto.

En 1964 foi membro fundador da Unión do Povo Galego, ocupando a presidencia desde 1977 até 2008, data na que se celebrou o XII Congreso Nacional da UPG[1]. Participa da redacción dos 10 puntos da UPG. Participou na fundación do BNG en 1981. Nese mesmo ano, nas primeiras eleccións ao Parlamento galego saíu electo deputado pola circunscrición da Coruña, sendo expulsado do Parlamento, xunto cos compañeiros da coalición electoral BNPG-PSG, Lois Diéguez Vázquez e Claudio López Garrido por negárense a prestar xuramento á Constitución española de 1978, con carácter retroactivo, pois xa levaban varios meses exercendo o seu labor como representantes nacionalistas [2]. Volveu ser elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 1989 ata 2005[3].

En 2004, na celebración do 40 aniversario da constitución da UPG, o partido promove a constitución da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, que pasa a presidir desde o primeiro momento [4]. En 2013, unha grupo de dirixentes nacionalistas organizou unha homenaxe para conmemorar os seus 50 anos de militancia nacionalista, coa finalidade de ″facermos pública a necesidade de coñecermos e recoñecérmonos na figura de Bautista Álvarez″[5]. Nese mesmo ano obtivo o Premio Brais Pinto.

Faleceu o 16 de setembro de 2017.[6]

Predecesor:
Cargo creado
Presidente da UPG
19772008
Sucesor:
Vacante
Predecesor:
Cargo creado
Presidente da Fundación Bautista Álvarez
20042017
Sucesor:
?

ObrasEditar

 
Bautista Álvarez en 2014.

EnsaioEditar

  • Álvarez Domínguez, Bautista Goyel (2013). Obras Escollidas. Volume I. Santiago de Compostela: Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. ISBN 9788461631049. 

NarrativaEditar

ConversasEditar

  • García Negro, María Pilar (2005). 40 anos da UPG, 40 perguntas. Santiago de Compostela. ISBN 2-910010-40705-9. 

NotasEditar

  1. UPG. "XII Congreso 2008.". Páxina oficial da UPG. Congresos. Arquivado dende o orixinal o 02-06-2013. Consultado o 13-05-2013. Recóllense no libro as Teses aprobadas, o discurso de apertura a cargo de Bautista Álvarez, e no que anuncia a súa vontade de non presentarse á reelección como Presidente do Partido e o discurso de clausura do Secretario Xeral -novamente electo- Francisco Rodríguez Sánchez. 
  2. Anxel., Vence (25-10-1982). "Incidentes en el Parlamento de Galicia por la expulsión de tres parlamentarios nacionalistas". El País. Consultado o 13-05-2013. 
  3. "Páxina do Parlamento de Galicia". Composicións anteriores. Arquivado dende o orixinal o 19-06-2013. Consultado o 13-05-2013. 
  4. Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. "Páxina da Fundación Bautista Álvarez". Presentación. Arquivado dende o orixinal o 21-05-2013. Consultado o 13-05-2013. 
  5. R., O. (09-02-2013). "Preparan unha homenaxe a Bautista Álvarez polos seus 50 anos de militancia nacionalista". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 02-06-2013. Consultado o 13-05-2013. 
  6. "Fallece el histórico nacionalista Bautista Álvarez"

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar