Lois Diéguez
escritor e político galego
(Redirixido desde "Lois Diéguez Vázquez")
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Lois Diéguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un escritor e político galego.
Lois Diéguez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de abril de 1944 |
Monforte de Lemos | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e político |
Xéneros | Poesía, narrativa e ensaio |
Estudos | Enxeñaría topográfica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi alumno de Manuel María na súa vila natal[1]. Estudou enxeñaría topográfica en Madrid, e exerceu esa profesión no Concello de Lugo. Militante da UPG, foi un dos fundadores e voceiro da AN-PG e deputado polo BNPG no Parlamento de Galicia (1981-1985). Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu poema Eu son a voz do pobo, converteuse nunha das cancións emblemáticas do grupo Voces Ceibes. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Isidro Novo.
ObraEditar
PoesíaEditar
- Albre de espranza, 1966, Xistral.
- Canciós pra un agromar branco e azul, 1968, Xistral.
- O ferro dos días, 1982, Xistral.
- Ónfalos, 2001, Espiral Maior.
NarrativaEditar
- A torre de Babel, 1968, Galaxia, novela.
- O tempo sen saída, 1972, Editorial Castrelos, novela.
- Galou Z-28, 1976, Xistral, novela.
- A canción do vagamundo, 1987, Sotelo Blanco, novela.
- Monólogos no espello, 1992, Laiovento, relatos.
- Tres sombras góticas e unha rosa, 1995, Espiral Maior.
- Henriqueta na galeria, 1997, Edicións do Cumio.
- Viaxes ás terras encantadas de Lemos, 1999, A Nosa Terra, narrativa de viaxes.
- A casa de Galiaz, 2003, Biblos Clube de Lectores.
- O canto do Muecín, 2007, A Nosa Terra.
- A poutada do Oso, 2011, Laiovento.
Literatura infanto-xuvenilEditar
- Artusa, 1989, Edicións do Cumio, narrativa.
EnsaioEditar
- Lugo, a cidade dos tesouros encantados, 2014, Engaiolarte.
- Peregrinaxes, viaxando con Manuel María, 2016. Libro-DVD.
Obras colectivasEditar
- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
- Novo do trinque, 1997, BNG, relato.
- Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Palabras con fondo: un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra.
- Longa lingua, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney, poesía.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais, narrativa.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
- En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
PremiosEditar
- Premio de novela da Casa de Galicia de Bilbao en 1975 por Galou Z-28.
- Premio Blanco Amor en 1986 por A canción do vagamundo.
NotasEditar
- ↑ Queixas Zas, M. (2016): Labrego con algo de poeta. Editorial Galaxia.