Paco Martín

mestre e escritor galego

Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.[1][2]

Paco Martín
Nome completoFrancisco Martín Iglesias
Nacemento22 de febreiro de 1940
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa, contos, literatura infanto-xuvenil
PremiosPremio O Barco de Vapor e Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España
Na rede
AELG: 182 Dialnet: 5612219
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
A Paco Martín en Lugo.

Dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975),[3] publicou a súa primeira obra en 1971,[4] a partir dunha escolma de pequenas pezas narrativas que levou por título Muxicas no espello. Data de 1976 a súa primeira novela No cadeixo, finalista do Premio Galaxia de novela convocado en 1975 co gallo do 25 aniversario da editorial. Un lustro máis tarde, en 1981, publicou a novela E agora cun ceo de lama. Foi en 1985, coa publicación do libro Das cousas de Ramón Lamote que gañou sona. A obra foi traducida a diversas linguas (cómpre pór de relevo o éxito da tradución española que correu por Hispanoamérica) e converteuse nun referente da literatura infantil e xuvenil, achegando á historia da literatura galega o personaxe Ramón Lamote. Amais, por ela recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España de 1986. O seguinte título do autor foi Lembranza nova de vellos mesteres (1988), ao que seguiron Servando I rei do mundo enteiro (1990) e Tres historias para ler á noite (1992). No 2006 saíu ao mercado o seu libro "A bisneta lercha", que, baseándose no conto tradicional, procurou dar un novo pulo a escritura de fábulas. En 2008 publicou unha secuela de Das cousas de Ramón Lamote, titulada Das novas cousas de Ramón Lamote.

Por outra banda, Paco Martín recompilou adiviñas galegas, que publicou baixo os títulos O libro das adiviñas (1975) e ¿Que cousa é cousa?... Libro das adiviñas (1985). Amais, ten sido un dos pioneiros da escrita de libros de texto en galego e da súa autoría son Lúa Nova 1 e Lúa Nova 2 (1978) e máis tarde Galego 1 e Galego 2 (1985).

Durante sete anos foi director do Departamento de Produción de Material Didáctico para o Ensino en Galego da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.[5]

Como columnista ten traballado no Diario de Pontevedra e no diario lugués El Progreso, no que segue a colaborar a día de hoxe.[6] É é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro e participou en multitude de volumes colectivos, relatorios en Congresos, colaboracións en prensa, radio, TV, pregóns etc.[7]

No 2011 foi nomeado Socio de Honra coa Letra E pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. En outubro do mesmo ano foi o encargado de ler o pregón das festas de San Froilán de Lugo.[8]

Obra editar

Narrativa editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Etnografía editar

  • O libro das adiviñas (1975). Madrid: Akal. ISBN 978-8473390552.
  • ¿Que cousa é cousa?... Libro das adiviñas (1985). Vigo: Galaxia. 416 páxs. ISBN 9788471545183 (2ª).
  • Un reguiño na Terra Cha: mapa do mundo (1995). Monforte: Xistral (edición non venal).

Didáctica editar

  • Lúa Nova 1 e 2 (1978).
  • Galego 1 e 2 (1985).
  • Unidade didáctica Álvaro Cunqueiro (1991).
 
Paco Martín en 2011.

Obras colectivas editar

  • Contos pra nenos (1979). Vigo: Galaxia.
  • Coa xente miúda I (1985). Colectivo Esteo. Vía Láctea. Ciclo inicial.
  • Coa xente miúda II (1985). Colectivo Esteo. Vía Láctea.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
  • 8 contos (1989). Xunta de Galicia.
  • Sede Central. Relatos 2 (1990). Clube Cultural Adiante.
  • Contos da xustiza (1991). Ir Indo.
  • Lerias (1991). Xunta de Galicia.[23]
  • Contos de hogano (1992). El Correo Gallego.
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional)(1996). Vigo: Galaxia.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais.
  • E dixo o corvo... (1997). Xunta de Galicia.
  • Novo do trinque (1997). BNG.
  • Na boca do lobo (1998). Tris Tram.
  • Imos xuntos camiñar (1999). Xunta de Galicia.
  • Contos de ler e contar (2001). Xunta de Galicia.
  • Ninguén está só (2001). Tris Tram.
  • Poemas e contos da muralla (2001). A Nosa Terra.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Contos do museo (2003). Deputación de Lugo.
  • Narradio. 56 historias no ar (2003). Vigo: Xerais.
  • Catro pallasos, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos (2004). Xunta de Galicia.
  • Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales (2004), Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño (2004). Vigo: Galaxia.
  • Xela Arias, quedas en nós (2004). Vigo: Xerais.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.

Premios editar

  • 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1973, por Sabeliña e os ratos.
  • Premio O Barco de Vapor no 1984, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 1986, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Premio Losada Diéguez de creación, 1985, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Lista de honor da IBBY no 1986, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Mención na lista de White Ravens, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Premio Santiago de T.V.E., 1987.
  • Premio Puro Cora de xornalismo, 1994.
  • Premio Otero Pedrayo 2019.

Asemade, foille adicado un Hectómetro no Paseo dos Soños vilalbés.

Notas editar

  1. "Martín , Paco". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-18. 
  2. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-05-18. 
  3. "Paco Martín". bvg.udc. 
  4. "Martín Iglesias, Francisco". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-05-18. 
  5. "Paco Martín Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-05-18. 
  6. "Paco Martín". www.aelg.gal. Consultado o 2023-05-18. 
  7. "Paco Martín Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-05-18. 
  8. O escritor Paco Martín lerá o pregón de San Froilán
  9. "Na roldana". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  10. Tres historias para ler á noite, en Googlebooks
  11. "A bisneta lercha". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-18. 
  12. "Cosas de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  13. "Las cosas de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  14. "Les coses de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  15. "Les coses de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  16. "Ramon Lamoteren gauzak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  17. "Memoria nueva de antiguos oficios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  18. "Nou record de vells oficis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  19. "Robot txiki bat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01. 
  20. "Dos hombres o tres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-01. 
  21. "O home que mercou un libro". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-11-12. 
  22. "O home que mercou un libro". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-18. 
  23. Ficha de Lerias na Biblioteca Virtual Galega.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar