Xela Arias

escritora, tradutora e profesora galega

Xela Arias Castaño, nada en Lugo[1] o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003[2][3][4][5], foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Modelo:BiografíaXela Arias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Xela Arias Castaño Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1962 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 2003 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo - filoloxía hispánica
Colexio Fingoi Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, escritora, tradutora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata - 2003 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeXulio Gil Rodríguez (1992–2002) Editar o valor en Wikidata
FillosDarío Gil Arias (1994) Editar o valor en Wikidata
PaiValentín Arias Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1061735 AELG: 243 BUSC: arias-xela-1962-2003

Tras ser proposta en varias ocasións anteriores, en 2020 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2021.[6] Sería a quinta muller homenaxeada en 58 anos: a primeira foi Rosalía de Castro no 1963, a segunda Francisca Herrera Garrido no 1987, a terceira María Mariño Carou no 2007, a cuarta María Vitoria Moreno o foi no ano 2018.

Traxectoria

editar

Os seus pais foron Valentín Arias López e Amparo Castaño López. As terras das familias paterna e materna estaban nas parroquias de Maside, Ortoá e Meixente (lugares da Vilerma, Barreiros e Mouzós). Naceu en Lugo, no sanatorio Alonso-Pimentel, inda que inscribiron o nacemento en Sarria, co nome de María de los Ángeles, que mudou en 1984 polo de María dos Anxos, se ben foi chamada Xela desde os seis anos. Finalmente, en 1995 o xuíz Alejandro Roa Nonide autorizou o cambio de nome polo de Xela.[7]

Criada en galego,[8] estudou na Granxa de Barreiros, no Colexio Fingoi de Lugo, entre os catro e os sete anos. En 1969 a familia mudouse a Vigo, por ser destinado o pai como mestre á escola de Moledo, en Sárdoma[9] (hoxe CEIP Sárdoma-Moledo).[10] En 1976 ingresou no Instituto Castelao do barrio do Calvario. Facendo o COU abandonou os estudos, e comezou a traballar en Edicións Xerais de Galicia, desde o seu nacemento en 1979, canda Xulián Maure Rivas e Roberto Pérez Pardo, primeiro como oficinista, despois en creación e investigación e de 1990 a 1996 como correctora de estilo e editora.[2]

Dende 1980[11] publicou en xornais e revistas coma A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Jornal de Notícias do Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis, colaborou en publicacións coma Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou Boletín Galego de Literatura[12] e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución.

Participou nun recital poético nun acto contra a entrada de España na OTAN en 1982; en 1988 inscribiuse en Greenpeace; en 2002 participou nun recital en solidariedade cos afectados polo desastre do Prestige no MARCO; noutro Contra a Burla Negra, organizado por Pepe Álvarez Cáccamo e máis ela en febreiro de 2003; ese mesmo mes e ao seguinte, leu declaracións en senllas manifestacións contra a Guerra de Iraq.[13]

En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1991 rexistrou as letras para o grupo musical Desertores[14] e retomou os estudos, iniciando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose en 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela,[2][11] e iniciando a especialidade en galego-portugués.

No verán de 1992 casou co fotógrafo e matemático ourensán, residente en Vigo, Xulio Gil (1954), con quen en 1994 tivo o seu único fillo, Darío; separáronse no ano 2002.

No curso 1999-2000 comezou a exercer como profesora substituta de ensino secundario, de lingua e literatura castelá, nos institutos Terra de Xallas (Santa Comba), Paralaia (Moaña), Valle-Inclán (Pontevedra), Xelmirez II (Santiago de Compostela) e Valadares II (Vigo). En anos seguintes foi docente en Chapela (Redondela), A Sangriña (A Guarda) e Álvaro Cunqueiro (Vigo).[6]

Traduciu a Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Jan Terlouw, Bram Stoker e Charles Baudelaire, entre outros.[15]

Tan intensas e punxentes como as súas arelas de liberdade, independencia e xustiza, eran nela o sentido e mais a práctica da solidariedade.

Valentín Arias, pai da autora.

En novembro do ano 2003 Arias finou dun ataque ao corazón nun hospital de Vigo, con corenta e un anos de idade.[16] Foi soterrada no cemiterio vigués de Pereiró.

Narrativa

editar
Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro.

— Xela Arias, Non te amola! (Galaxia).

Poesía

editar

   Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán
das narracións para o ano en que nacín.

— Xela Arias, Darío a diario (1996, Xerais).

Música

editar
  • Cancións (2021) con Desertores. Xerais. ISBN 978-84-1110-038-0.[32] ePub: ISBN 978-84-1110-038-0. Prólogo de Teresa Cuíñas.
  • Pino, Clara; Vidal, Pablo (2021). Xela. Contén os poemas Irás dirás virás, Non me conteño, Borracho, Teremos, terás e Trouxen augamel para agasallarte.[33] Coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de Política Lingüística.

Traducións

editar
 
Detalle dun exemplar de Darío a diario (1996) dedicado pola autora.

Colectivas

editar
 
Placa conmemorativa na casa na que viviu na Vilerma.

Recoñecementos

editar
 
Biblioteca Xela Arias de Chapela

No ano 1986 foi finalista en dous certames, o Premio Antón Losada Diéguez coa súa primeira obra Denuncia do equilibrio, e o Premio Esquío de poesía con Lili sen pistolas, obra inédita.

Recibiu varios premios de tradución: o da Sociedade da Língua Portuguesa por Amor de perdición de Camilo Castelo Branco (1986, Xerais); o Ramón Cabanillas pol'O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper (1993, Xerais), e, postumamente, o Plácido Castro 2004 pol'O Spleen de París de Baudelaire.

O 29 de maio de 2004, fíxoselle unha homenaxe en Vigo, organizada pola Asociación Galega de Editores, a Asociación de Tradutores Galegos e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.[56] Ese mesmo ano, Xerais e a AELG, publicaron o libro Xela Arias, quedas en nós, coordinado polo pai da poeta, no que colaboraron, entre outros: Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Araguas, Teresa Barro, Carmen Blanco, Manuel Bragado, Manuel Caamaño Suárez, Marica Campo, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xoán Xosé Fernández Abella, Víctor Freixanes, Silvia Gaspar, Avelino González, Bernardino Graña, Modesto Hermida, María do Carme Kruckenberg, Aurora López, Manuel María, Paco Martín, Xulián Maure, Méndez Ferrín, Gonzalo Navaza, Carlos Negro, Ramón Nicolás, Antía Otero, Andrés Pociña, Avelino Pousa Antelo, María Xosé Queizán, Xesús Rábade, Román Raña, Claudio Rodríguez Fer, Ana Romaní, Marga do Val, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Vidal Villaverde, Helena Villar Janeiro, Pepe Carreiro, Xulio Gil e Siro.[7]

En febreiro de 2018 o Concello de Culleredo decidiu dedicarlle o nome dunha rúa no lugar de Fonteculler, parroquia de Rutis.[57] Ese mesmo ano a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación creou o Premio Xela Arias que recoñece o seu labor como tradutora.[58] A finais de decembro do mesmo ano, o pleno do Concello de Redondela acordou denominar a biblioteca municipal de Chapela como "Xela Arias".[59]

 
Mural de Mon Sevane no centro de Sarria

En 2021 os concellos de Sarria[60] e Carballo[61] aprobaron dedicarlle unha rúa e unha praza respectivamente. No día do seu aniversario o vigués Ateneo Atlántico presentou un vídeo homenaxe coa participación de Antonio G. Teijeiro, Fran Alonso, Iolanda Zúñiga, Lara do Ar, Ledicia Costas, Marcos de la Fuente, Marta Dacosta, Oriana Méndez, Román Raña, Silvia Penas, Xina Vega, María Xosé Queizán e as fotografías de Xulio Gil.[62]. O 14 de maio descubriuse unha placa conmemorativa na vivenda da rúa Zamora de Vigo onde viviu a familia de Xela, ao acto asistiron o alcalde Abel Caballero, a presidenta da deputación Carmela Silva e o presidente da RAG Víctor Freixanes.[63]

No ano 2020 comezou a rodaxe de Xela Arias. Poeta nas marxes, un documental dirixido por Beatriz Pereira (estreado en maio de 2021) e cuxa produción e guionización recaeu nela mesma e en Daniel Chapela.[64] As voces participantes foron as de Marga do Val, Susana Trigo, María Xesús Nogueira, Humberto Heredia, Manuel Bragado e Xosé María Álvarez Cáccamo. Ademais, Chapela coordinou unha publicación homónima,[65] que recolleu os testemuños de María Xesús Nogueira, Ana Romaní, Susana Trigo, Manuel Bragado e del mesmo, así como unha escolma poética da autora.

Día das Letras Galegas

editar
 
Día das Galegas nas Letras 2019.

No ano 2014 foi proposta por Ramón Lorenzo, Antón Santamarina e Xosé Fernández Ferreiro como autora a homenaxear no Día das Letras Galegas do ano 2015. Os outros candidatos foron Ricardo Carballo Calero, Celestino Fernández de la Vega, Manuel María e Filgueira Valverde, resultando finalmente elixido este último.[66] O 6 de setembro dese mesmo ano, nun acto na Vilerma, inaugurouse unha placa co texto "Nesta casa viviron a poeta Xela Arias (1962-2003) e o escritor Valentín Arias (1934-2011) que en cada un dos seus actos afirmaron o seu amor á nosa lingua"[67]

Ao ano seguinte, 2015, volveu ser proposta para lle dedicar o Día das Letras 2016, canda Carballo Calero e o que sería elixido: Manuel María.[68][69]

O anuncio de que o Día das Letras Galegas 2021 se dedicaba a Xela Arias fíxose en decembro de 2020, o feito de que se fixese máis tarde do habitual, debido ao impacto da pandemia de covid-19, foi valorado por algúns como unha pexa para a preparación da celebración.[70]

O grupo musical A banda da Loba homenaxeouna co EP Hasme oír, no que puxeron música a varios dos seus poemas.[71]

En consonancia coa homenaxe do Día das Letras Galegas o Colectivo Egeria organizou en Lugo a exposición Aquela nena de Sarria[72] e a Xunta de Galicia a exposición itinerante Asinamos ser libres.[73][74]

Día das Galegas nas Letras

editar

En 2019 a plataforma A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras con diversos actos no monte do Castro de Vigo, entre eles un percorrido imaxinario pola súa vida a cargo de Susana Aríns.[75]

  1. Pena Presas, p. 13.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ficha de Xela Arias na páxina de Edicións Xerais de Galicia
  3. "A poeta e traductora Xela Arias renovadora da poética galega morre en Vigo..." Culturagalega.org 3/11/2003.
  4. 4,0 4,1 "Xela Arias, poeta y traductora por encima de las normas morales". El Mundo (en castelán) (EFE). 4/11/2003. 
  5. Carbajo, Primitivo (4/11/2003). "Xela Arias, poetisa y traductora". El País (en castelán). 
  6. 6,0 6,1 A RAG dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias, RAG, 22 de decembro de 2020.
  7. 7,0 7,1 Arias López, Valentín, coord. (2004): Xela Arias, quedas en nós, Vigo, Xerais e AELG, ISBN 84-9782-242-0.
  8. "A RAG comparte “Xeliña fala galego” e reivindica a transmisión xeracional do idioma no Día da Lingua Materna" RAG, 17/2/2021.
  9. "Una niña viguesa gana el concurso de cuentos «O Facho»". Se trata de Xela Arias Castaño..."
  10. CEIP Sárdoma-Moledo
  11. 11,0 11,1 Araguas, GEG, 2005.
  12. 12,0 12,1 Vilavedra 1995, p. 60.
  13. Val, Marga do (2/11/2013). "Dez anos sen Xela Arias". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 29/06/2015. 
  14. Biografía de Desertores en Lafonoteca.net (en castelán).
  15. Xela Arias Arquivado 02 de xullo de 2015 en Wayback Machine. na BITRAGA. Observatorio da Tradución en Galicia. Universidade de Vigo.
  16. Paneis da exposición Mulleres galegas na historia Arquivado 11 de xullo de 2014 en Wayback Machine., Concello de Redondela, maio de 2010.
  17. Non te amola! na páxina web do Consello da Cultura Galega.
  18. Non te amola!" na páxina web da Editorial Galaxia.
  19. Denuncia do equilibrio no Proxecto Meiga
  20. Reeditado en 2021 con prólogo de Olga Novo, 80 páxs. ISBN 978-84-9121-882-1. ePub: ISBN 978-84-9121-890-6.
  21. Vázquez Porto, Lorena (xullo, agosto, setembro 2021). "A palabra como lume". Grial LIX (231): 116–7. ISSN 0017-4181. 
  22. Palacios, Manuela (2006): "Comtemporary Women's Poetry in Galicia and in Ireland: An Introduction" en Ireland in the Coming Time. New Insights on Irish Literature, ISBN 0-9729892-5-0 (en inglés).
  23. "Xela Arias cuelga en la pared los dramas inconfesables..." El Ideal Gallego, 12/8/1990.
  24. Reeditado en 2021 pola editorial Engailarte con estudos críticos de Xosé Enrique Acuña e Chus Nogueira.
  25. Imaxe da portada de Darío a diario. Xerais.
  26. En 2021, colección Camaleón, ilustracións de Iván R., 56 páxs. ISBN 978-84-9121-862-3. ePub: ISBN 978-84-9121-863-0.
  27. Bermúdez, Silvia (2003). "Intempériome, Xela Arias". Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, pp. 160-161.
  28. Imaxe da portada de Intempériome. Espiral Maior. Poesía
  29. Xerais fixo unha reedición especial en 2021 que consta do libro con prólogo de Iolanda Zúñiga, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.
  30. Nogueira, Chus (22/2/2019). A poesía non debe, segundo Xela Arias, ser condescendente nin reflectir falsos equilibrios ou visións edulcoradas da realidade. Praza.gal. Entrevista con Dopico, Montse. Consultado o 23/2/2019. 
  31. Edición, introdución e notas de Chus Nogueira. Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) na páxina web de Xerais.
  32. Cancións na páxina web da editorial.
  33. "O dúo versiona poemas da homenaxeada no Día das Letras no seu último traballo". culturagalega.org (en castelán). 2021-12-09. Consultado o 2021-12-10. 
  34. Imaxe da portada de Contos ó teléfono. Juventud. Barcelona
  35. O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor, imaxe da portada
  36. "Imaxe da portada de O bosque animado. Xerais". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  37. As bruxas, ficha do libro na páxina de Xerais.
  38. Belledonne, habitación 16 no Proxecto Meiga
  39. Imaxe da portada
  40. "Ler a Joyce en galego " Faro de Vigo, 16/6/2013.
  41. O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha de Xuntanza Editorial na páxina do Instituto Cervantes.
  42. Colección "Franka" de Edicións Xerais (1990) en Tebeosfera
  43. Rosa, miña irmá Rosa no Proxecto meiga.
  44. "Imaxe da portada de Camiñando sobre as augas. Xerais". Arquivado dende o orixinal o 02/07/2015. Consultado o 01/07/2015. 
  45. "Portada de O derradeiro dos mohicanos de Fenimore Cooper". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2015. 
  46. A cantiga de amor de Vicenç Beltran. Xerais en Dialnet.
  47. A carta en clave na páxina do Proxecto Meiga
  48. "Ficha de Drácula na páxina web de Xerais". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2015. 
  49. Imaxe da portada de Venus negra, Xerais
  50. Relatos en PDF. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego (Bivir).
  51. O Spleen de París en PDF. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.
  52. Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2004
  53. "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia"
  54. Alma de beiramar, obra íntegra en PDF.
  55. "A secretaria xeral de Política Lingüística acude á presentación do cedé... ABC 11/12/2006.
  56. Bragado Rodríguez, Manuel: "Cartografías de Xela Arias" 5/11/2013.
  57. "Acta da sesión ordinaria realizada polo pleno municipal en data 22 de febreiro de 2018", pp. 5-6.
  58. "Novo premio Xela Arias". AGPTI. 1/10/2018. Arquivado dende o orixinal o 03/10/2018. Consultado o 3/10/2018. 
  59. "Redondela nomea a biblioteca de Chapela como "Xela Arias"". Faro de Vigo. 26/12/2018. 
  60. Porto, Lucía (26/2/2021). "El pleno de Sarria aprueba que la calle José Antonio pase a denominarse Xela Arias". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2/3/2021. 
  61. "Carballo inaugura a Praza Xela Arias…". Concello de Carballo. 14/5/2021. 
  62. "Homenaxe do Ateneo Atlántico a Xela Arias". ateneoatlantico.blogspot.com. Consultado o 5/3/2021. 
  63. Europa Press (14/5/2021). "Vigo recuerda a Xela Arias con una placa en el edificio donde vivió la poeta con su familia". Galicia Press. 
  64. I.P. (15/1/2021). "O documental 'Xela Arias, poeta nas marxes' verá a luz en abril deste ano". Nós Diario. 
  65. Nicolás, Ramón (15/4/2021). "Xela Arias. Poeta nas marxes, Daniel Chapela (coord.)". Caderno da crítica. Consultado o 15/5/2021. 
  66. "Filgueira Valverde, no olimpo das Letras Galegas" Faro de Vigo, 6/7/2014.
  67. Imaxe do acto do 6 de setembro de 2014
  68. Pérez Lorenzo, Francisco: "Será 2016 o ano de Xela Arias?" Arquivado 03 de xullo de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 27/6/2015.
  69. "Manuel María, Carballo Calero e Xela Arias, candidatos ás Letras Galegas do 2016" Faro de Vigo, 27/6/2015.
  70. Reimóndez, María (13/1/2021). "Insuficientes". Nós Diario. 
  71. Munín, Rebeca. "Xela Arias, coa música de A banda da Loba". www.revistapincha.gal. Consultado o 30/4/2021. 
  72. "A Delegación Territorial acolle a mostra Aquela nena de Sarria, impulsada polo colectivo Egeria e a Xunta en homenaxe a Xela Arias". www.lingua.gal. Consultado o 30/4/2021. 
  73. "2021 - Xela Arias - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 30/4/2021. 
  74. "Asinamos ser libres - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 30/4/2021. 
  75. "Vigo: VI Día das Galegas nas Letras, en homenaxe a Xela Arias, o 15 de agosto". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 12/8/2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Multimedia externa
Gravacións de son
  "Recordamos a obra poética de…" Diario Cultural, 24/12/2018.
Vídeos
  "Xela Arias e a palabra" Consello da Cultura Galega 2014.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar