Carmela Silva
María do Carmen Silva Rego, coñecida como Carmela Silva, nada en Vigo o 26 de novembro 1960, é unha política galega do PSdeG.
Carmela Silva | |
---|---|
![]() | |
María del Carmen Silva Rego | |
Datos persoais | |
Nacemento | 26 de novembro de 1960 |
Vigo | |
Organización | PSdeG |
Fillos | Iago Falque |
Profesión | Política |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
É licenciada en Dereito e profesora de Educación especial. Nas eleccións xerais do 1996 concorreu na lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, sen resultar elixida, pero finalmente accedeu ao posto de deputada trala dimisión de Abel Caballero en novembro de 1997. Co regreso do PSOE ao goberno central en 2004, traballou como asesora da Ministra de Agricultura Elena Espinosa. Tralas municipais de 2007 foi nomeada concelleira non electa no concello de Vigo polo alcalde socialista Abel Caballero, ocupando a dirección de urbanismo.
Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida senadora, sendo nomeada portavoz do PSOE en substitución de Joan Lerma[1].
Nas municipais de 2011 foi elixida concelleira na cidade de Vigo como número 2 da candidatura socialista, sendo primeira tenente de alcalde e mantendo a área de Urbanismo. Uns meses despois, foi a cabeza de lista do PSOE ás eleccións xerais de 2011 pola circunscrición de Pontevedra, onde saíu elixida deputada e foi secretaría segunda da mesa do Congreso.
Tralas eleccións municipais de 2015 volveu a ser concelleira en Vigo e foi elixida presidenta da Deputación de Pontevedra grazas a un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG, sendo a primeira vez que os socialistas lograron a presidencia e a primeira muller en ocupala[2]. Nas eleccións municipais de 2019 foi reelixida concelleira e presidenta da Deputación, quedando a tan só 1 deputado e uns poucos votos da maioría absoluta, renovando o pacto de goberno co BNG. Tralo 14 Congreso Nacional do PSdeG, en decembro de 2021, foi elixida presidenta da Executiva Nacional do partido encabezada por Valentín González Formoso.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Vida persoal Editar
É nai do futbolista Iago Falque, xogador do Torino FC.
Predecesor: Rafael Louzán |
Presidenta da Deputación de Pontevedra 2015-2023 |
Sucesor: Luís López Diéguez |
Predecesor: Xaquín Fernández Leiceaga |
Presidenta do PSdeG-PSOE 2021 – actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas Editar
- ↑ "La gallega Carmela Silva será la portavoz del PSOE en el Senado", nova en El País, 24 de marzo de 2008 (en castelán).
- ↑ Carmela Silva: "Desde hoy, la Diputación es la casa del pueblo", www.farodevigo.es, 17/07/2015 (en castelán)
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carmela Silva |