Valentín González Formoso
Valentín González Formoso, nado nas Pontes de García Rodríguez en 1971, é un político galego do PSdeG, secretario xeral do PSdeG-PSOE, alcalde das Pontes de García Rodríguez e actual presidente da Deputación da Coruña.
Valentín González Formoso | |
---|---|
Nacemento | 1971 |
Lugar de nacemento | As Pontes de García Rodríguez |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou dereito na USC sen chegar a rematar a carreira[1] e traballou despois como empregado de Iberdrola. Está casado e ten dous fillos. Nas Eleccións Municipais do 2007 foi o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía das Pontes de García Rodríguez, sendo elixido alcalde ao ser a lista máis votada, gobernando en minoría con 8 concelleiros fronte a 8 do BNG e 1 do PPdG. Nas Eleccións Municipais do 2011 a lista por el encabezada acadou a maioría absoluta con 12 concelleiros.[2]
No ano 2013, tralo nomeamento da nova executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro, pasou a ser secretario de Política Municipal no aparato do PSdeG.[3]
Tralas Eleccións Municipais do 2015 revalida a alcaldía con maioría absoluta, e un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG permítelle ser elixido Presidente da Deputación da Coruña cos votos a favor tamén de Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños[4]. En decembro de 2017 venceu nas primarias pola secretaría xeral do PSdeG na provincia da Coruña cun 69% dos votos fronte a Mercedes Rosón, sendo proclamado novo secretario xeral no congreso provincial de xaneiro de 2018. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou tanto a alcaldía[5], con maioría absoluta, como a presidencia da deputación de novo cun pacto co BNG.
Presentouse ás primarias pola Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE en outubro de 2021, vencendo ó entón secretario xeral Gonzalo Caballero con case o 60% dos votos e asumindo formalmente o posto no 14 Congreso Nacional galego en decembro de 2021.
Predecesor: Gonzalo Caballero Míguez |
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE 2021 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Víctor Guerreiro Pena |
Alcalde das Pontes de García Rodríguez 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Diego Calvo Pouso |
Presidente da Deputación da Coruña 2015 − actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Julio Sacristán |
Secretario Provincial do PSdeG da Coruña 2018 - 2022 |
Sucesor: Bernardo Fernández Piñeiro |
NotasEditar
- ↑ "Valentín González: "Estoy convencido de que Besteiro será Presidente de la Xunta y de España "". Atlántico. 30 de agosto de 2015.
- ↑ RTVEume, ed. (23 de maio de 2011). "O PSOE GOBERNARÁ O CONCELLO DE AS PONTES CON MAIORÍA ABSOLUTA". Consultado o 10 de abril de 2015.
- ↑ PSdeG-PSOE (ed.). "Sª de Política Municipal". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 10 de abril de 2015.
- ↑ El alcalde socialista de As Pontes ya preside la Diputación de A Coruña, www.laopinioncoruna.es, 16/07/2015 (en castelán)
- ↑ Concello das Pontes de García Rodríguez na FEGAMP