Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero Míguez, nado en Ponteareas o 9 de xaneiro de 1975, é un economista, especialista en economía política e análise institucional e autor de referencia sobre o novo institucionalismo en España.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1975 (49 anos) Ponteareas, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
31 de xullo de 2019 – febreiro de 2021 | |
Secretario Xeral do Partido Socialista de Galicia | |
8 de outubro de 2017 – febreiro de 2021 ← Xosé Ramón Gómez Besteiro – Xosé Ramón Gómez Besteiro → | |
Concelleiro de Vigo | |
11 de setembro de 2005 – 16 de xuño de 2007 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | economista, escritor, profesor universitario, político |
Empregador | Universidade de Vigo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, político galego membro activo do PSdeG, e habitual comentarista en diversos medios de comunicación.
É fillo de Gonzalo Caballero Álvarez, capitán da Mariña mercante e irmán máis vello de Abel Caballero Álvarez e, por tanto, sobriño deste último.
Traxectoria
editarAcadémica
editarLicenciouse en ciencias económicas con premio extraordinario e doutorouse en economía cum laude na Universidade de Vigo.
Foi Visiting Scholar na Washington University in St. Louis, Missouri, no grupo de traballo do profesor Douglass North (premio Nobel de Economía) e tamén foi investigador visitante no Centro de Estudos Avanzados en Ciencias Sociais do Instituto Juan March, na Universidade de California en Santa Bárbara e en Berkeley, no grupo do profesor Olivar Williamson, tamén premio Nobel de Economía.
Foi profesor visitante na Universidade Comenius de Bratislava, na Universidade Carolina de Praga, na Universidade de Valencia, na Universidade de Roma III, na Universidade de Granada e na Universidade Técnica de Talín.
É profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e imparte docencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, no grao en Economía e no programa conxunto de Administración e Dirección de Empresas e Dereito.
Publicou unha decena de libros e máis de medio cento ensaios e artigos en prestixiosas revistas científicas de economía e ciencia política. A súa obra máis coñecida é Political economy of institutions, democracy and voting, coeditada con Norman Schofield en Springer.
Política
editarPoliticamente é membro do PSdeG e foi concelleiro en Vigo por este partido. Liderou unha corrente alternativa dentro da agrupación local do partido en Vigo, que posteriormente se estendeu parcialmente por Galicia. Porén, non conseguiu converterse en liña maioritaria do socialismo galego.[Cómpre referencia]
Militante socialista desde hai máis de 20 anos, en 1998 coordinou o grupo de apoio en Galicia a Josep Borrell nas primarias que este gañou contra Joaquín Almunia. Actualmente é membro do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE. No Congreso Nacional do PSdeG-PSOE de 25 de xullo de 2008, reclamou, como portavoz da alternativa, que o PSdeG-PSOE apostase por un maior ritmo de cambio político desde o goberno galego, por un estilo de menor autosatisfacción e por un fortalecemento do partido, da organización e do papel dos seus militantes. As súas teses non foron aceptadas pola dirección oficial do socialismo galego, que sostiña que o PSdeG sería a primeira forza política do país. Nove meses máis tarde, o PPdG acadou a maioría absoluta nas eleccións autonómicas de marzo de 2009.[1]
Gonzalo Caballero intentou facerse en 2008 e 2012 coas rendas da agrupación socialista máis numerosa de Galicia, a de Vigo, en ambos os casos sen éxito.[2] E o 17 de abril de 2009 postulou, unha vez máis, a súa candidatura á secretaría xeral dos socialistas galegos, pola que se bateu con Pachi Vázquez. Defendeu a necesidade dun novo proxecto renovado e de futuro no PSdeG-PSOE, máis alá do debate dos nomes e da solución política definida pola dirección. O secretario xeral dos socialistas en Galicia dilucidouse no congreso socialista acontecido o 25 de abril de 2009, despois do congreso extraordinario celebrado en Pontevedra tras o shock sufrido polos socialistas ao seren desaloxados da Xunta. Pero naquela ocasión non logrou reunir os avais necesarios e Vázquez converteuse en líder do PSdeG sen rivais.[1][2]
As súas críticas contra o rexedor vigués e á falta de democracia interna no PSOE da cidade olívica, así como a súa constante petición de impedir a acumulación de cargos da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, entón concelleira e deputada no Congreso, custoulle en 2013 o aviso dunha apertura de expediente.[2]
En 2016 decidiu, unha vez máis, concorrer ás primarias do PSdeG, anunciadas para o 28 de maio, para pugnar así por ser candidato á presidencia da Xunta, enarborando a bandeira dun programa de renovación, constituíu grupos de traballo nas catro provincias galegas para recoller os 1 100 avais que necesitaba, como mínimo, para poder dar a batalla. Isto garantía que se puideran celebrar as primarias, dado que habería máis dun candidato, xa que se postulara o tamén economista compostelán Xoaquín Fernández Leiceaga.[2] Porén, tras anunciar Méndez Romeu a súa candidatura, G. Caballero optou por non presentarse, apoiando a Leiceaga,[3] que finalmente gañou a M. Romeu.[4]
No ano 2017 decidiu concorrer ás primarias a secretaría xeral do PSdeG. As mesmas se postularon tamén coma candidatos Xoaquín Fernández Leiceaga que o final no se presentóu tras conseguir os avais necesarios e Juan Díaz Villoslada. Finalmente Fernández Leiceaga apoiaría a súa candidatura mediante un pacto e Gonzalo Caballero resultaría elixido secretario xeral do PSdeG.
No ano 2021 voltóu a presentarse as primarias a secretaría xeral do PSdeG para revalidar o cargo, perdendo as mesmas fronte a Valentín González Formoso.[Cómpre referencia]
Formador de opinión
editarEscribiu artigos de opinión en diversos periódicos[Cómpre clarificar], e foi colaborador habitual do programa Vía V en V Televisión, a cadea do grupo Voz.
Obras destacadas
editarA continuación figura unha selección[5]:
- Los fundamentos institucionales del milagro económico español, 1950-2000: Teoría y Evidencia. Colección Premio De Investigación José Ramón Fontán en Ciencias Sociales y Jurídicas. Publicaciones Amigos de la Universidad de Vigo, 2003. ISBN 84-607-7399-X.
- Análisis y evaluación de balances: una introducción a los estados contables y su análisis. Vigo, IdeasPropias, 2006. ISBN 84-934553-9-3
- Finanzas para no financieros: una aproximación para entender la economía financiera actual. Vigo, IdeasPropias, 2006. ISBN 84-934547-9-6
- Dirección estratégica de la PYME: fundamentos y teoría para el éxito empresarial. Vigo, IdeasPropias, 2005. ISBN 84-9792-642-0
- La fiscalidad de la pequeña y mediana empresa: una aproximación a los principales impuestos. Vigo, IdeasPropias, 2005. ISBN 84-9792-654-4
- El regreso de las instituciones al análisis político: la emergencia de un nuevo institucionalismo transaccional. Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2008. ISBN 978-84-8158-409-7.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Gonzalo Caballero concurre a las primarias del PSdeG como "la opción de las bases" y con una apuesta por "la renovación" Arquivado 19 de xuño de 2016 en Wayback Machine. Europa Press, 4 de maio de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Gonzalo Caballero irá a las primarias del PSdeG y Méndez aún se lo piensa La Voz de Galicia, 4 de maio de 2016.
- ↑ "Méndez Romeu y Leiceaga se disputan la candidatura socialista a la Xunta" Faro de Vigo, 28 de maio de 2016.
- ↑ "Leiceaga será el candidato del PSdeG tras ganar las primarias por más de 700 votos" La Voz de Galicia, 29 de maio de 2016.
- ↑ Listaxe de obras en Dialnet (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gonzalo Caballero |