Xosé Ramón Gómez Besteiro

político español

Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do PSdeG, foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015 e dende setembro de 2013 o secretario xeral do PSdeG, cargo do que tivo que dimitir ao ser imputado de varios delitos pola xuíza Pilar de Lara, acusacións que acabarían sendo arquivadas en 2021[1].

Xosé Ramón Gómez Besteiro
Xosé Ramón Gómez Besteiro
Besteiro en 2014.

Escudo Diputación de Lugo.svg
Presidente da Deputación de Lugo
14 de xullo de 2007 – 24 de xuño de 2015
Precedido por Francisco Cacharro Pardo
Sucedido por Elena Candia López

Datos persoais
Nacemento 15 de novembro de 1967 (55 anos)
Lugo, Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Avogado, político

BiografíaEditar

Xosé Ramón Gómez Besteiro é o menor de tres irmáns. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado até o comezo da súa carreira política. Ten dous fillos.

TraxectoriaEditar

Desenvolveu toda a súa carreira política no PSdeG-PSOE, afiliándose ao partido tras rematar os seus estudos universitarios. Con 31 anos, cando estaba a exercer a súa profesión de avogado, entrou a formar parte do 1º Goberno do PSdeG-PSOE na historia democrática da cidade luguesa.

Entre 1999 e 2007 foi o voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, concelleiro de Urbanismo e tamén deputado provincial.

Tras as eleccións municipais de 2007, o 14 de xullo[2], Gómez Besteiro convertíase no primeiro militante do Partido Socialista en Galicia que presidía a Deputación de Lugo, sendo o número 102[3] da historia da institución provincial. Algúns dos aspectos máis significativos durante o seu primeiro mandato son o pagamento do canon hidroeléctico, a creación da UNED na cidade de Lugo[4], a posta en marcha da rede provincial dos parques de bombeiros[5] ou a elaboración dun plan estratéxico provincial. Tamén puxo en marcha a rede provincial de residencias da terceira idade e centros de día e estase a preparar o primeiro centro público de recría de gando para o noroeste de España[6].

Nas eleccións municipais de España de 2011, Gómez Besteiro revalidou o apoio da cidadanía. Converteuse entón no único presidente do PSdeG-PSOE en presidir unha deputación en Galicia[7], e o único caso en toda España en que este partido gañou tanto o goberno provincial como o da capital[8]. Presidiu, ademais, un dos oito gobernos provinciais liderados polo Partido Socialista en España.

En febreiro de 2012, Gómez Besteiro entrou a formar parte do Comité Federal do Partido Socialista. Este mesmo ano, tras pechar a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, foi nomeado Secretario Xeral do PSOE na provincia de Lugo[9], cargo que ocupou ata o 26 de outubro de 2013 cando foi relevado por Juan Carlos González Santín[10].

O 13 de marzo de 2013 anunciou a súa intención de optar á Secretaría Xeral do PSdeG[11] . Presentouse ás eleccións primarias consultivas do 7 de setembro fronte ao alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez, e obtivo o 77% dos votos[12], sendo ratificado o seu nomeamento no Congreso extraordinario do 29 de setembro de 2013 [13]. Co 95% dos votos, foi proclamado novo secretario xeral do PSdeG-PSOE.

O 12 de marzo de 2016 anunciou a súa renuncia a ser o candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia, logo de ser imputado pola xuíza Pilar de Lara como presunto autor de 6 delitos.[14] Os delitos que se lle imputaban eran suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás Administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de fondos públicos.[15] O 18 de marzo dimitiu da secretaría xeral do PSdeG-PSOE pola mesma causa. Finalmente, a causa que o levou a dimitir (coñecida como o "Garañón"), sería arquivada en febreiro de 2021[1].

Cargos desempeñadosEditar

  • Concelleiro do Concello de Lugo (1999–2015).
  • Deputado provincial (1999–2015).
  • Concelleiro de Urbanismo do Concello de Lugo (1999–2007).
  • Secretario Local do PSOE en Lugo (2000–2012).
  • Presidente da Deputación Provincial de Lugo (2007–2015).
  • Secretario provincial do PSOE de Lugo (2012–2013).
  • Secretario Xeral do PSdeG-PSOE (Desde o 29 de setembro de 2013).
Predecesor:
Francisco Cacharro Pardo
 
Presidente da Deputación Provincial de Lugo

2007-2015
Sucesor:
Elena Candia López
Predecesor:
Ricardo Varela Sánchez
 
Secretario xeral do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo

2012-2013
Sucesor:
Juan Carlos González Santín
Predecesor:
Pachi Vázquez
 
Secretario xeral do PSdeG-PSOE

2013-2016
Sucesor:
Gonzalo Caballero

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Archivada la causa del Garañón que llevó a dimitir a Besteiro cuando lideraba el PSdeG". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  2. La Voz de Galicia: Lugo, única Diputación que cambia de manos
  3. Juan Carlos Fernández Pulpeiro: Presidentes de la Diputación de Lugo en toda su historia. En Lucensia: miscelánea de cultura e investigación, ISSN 1130-6831, Vol. 17, núm. 34, 2007 , páxs. 79-98
  4. El Progreso: Diputación, Concello y Uned constituyen el consorcio que gestionará el centro asociado de Lugo
  5. Web do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo
  6. "Centro de Recría. Granxa Gayoso-Castro". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 11 de setembro de 2013.  Arquivado 18 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  7. La Opinión de A Coruña: El PP recupera la Diputación de A Coruña y retiene las de Pontevedra y Ourense
  8. Ricardo Varela: "Somos la única provincia donde se gobierna en la Diputación y en la capital" El Mundo, 02/03/2012
  9. José Ramón Gómez Besteiro, nuevo secretario provincial del PSdeG de Lugo: "Recuperar la Xunta es el objetivo inmediato"
  10. Santín, proclamado nuevo secretario xeral del PSOE de Lugo, Europa Press
  11. Besteiro anuncia su candidatura a secretario xeral, Faro de Vigo, 03/03/2013
  12. Gómez Besteiro, nuevo secretario general del PSdG, La Voz de Galicia, 07/09/2013
  13. Besteiro proclama que «o PSdeG volve» para pelear por la Xunta, La Voz de Galicia, 29/09/2013
  14. "Besteiro descarta ser candidato a la Xunta y se presenta como víctima de una cacería política". La Voz de Galicia. 13 de marzo de 2016.  (en castelán)
  15. "Pilar de Lara investiga a Gómez Besteiro por seis delitos en la operación Pulpo". La Voz de Galicia. 12 de marzo de 2016.  (en castelán)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar