Ricardo Varela Sánchez

político español

Ricardo Jacinto Varela Sánchez, nado en Lugo o 26 de setembro de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaRicardo Varela Sánchez
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade da Coruña, traballou de funcionario no Concello de Lugo e foi un destacado membro de UXT. Formou parte da candidatura socialista por Lugo nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997, se ben non resultou elixido. En marzo de 1998 foi designado coordinador provincial do PSdeG-PSOE en Lugo. Foi elixido deputado tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001, encabezando a candidatura socialista por Lugo. Ocupou a Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE dende o ano 2004 ata 2008, polo que deixou a coordinadora provincial, sendo membro tamén do Comité Federal do PSOE. Foi Conselleiro de Traballo durante o goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño, de 2005 a 2009. Foi Vicesecretario Xeral do PSdeG dende o Congreso de xullo de 2008 ata a renuncia de Touriño trala derrota nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, tralas cales foi elixido Vicepresidente segundo da mesa do Parlamento.

En outubro de 2009 foi elixido Secretario Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo[1] manténdose ata o Congreso de maio de 2012, no cal renunciou a presentarse. En 2011 concorreu ás eleccións xerais como número 1 do PSOE ao Senado e resultou elixido, renunciando aos seus cargos no Parlamento de Galicia. Nas xerais de 2015 e nas de 2016 volveu ser elixido senador, manténdose ata 2019, cando foi excluído das listas.

Tralo Congreso Nacional do PSdeG de decembro de 2021 foi elixido presidente da Comisión Nacional de Ética do partido[2].

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Belén Prado
  
Conselleiro de Traballo
 
2005 - 2009
Sucesor:
Beatriz Mato
Predecesor:
José Blanco López
  
Coordinador do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo
 
1998 - 2004
Sucesor:
Luis Ángel Lago Lage
Predecesor:
Luis Ángel Lago Lage
  
Secretario xeral do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo
 
2009 - 2012
Sucesor:
José Ramón Gómez Besteiro
  1. Ricardo Varela, primer secretario provincial socialista en Lugo
  2. Trece lucenses en la ejecutiva y Ricardo Varela al frente de ética